"Sempre me chamaron a atención a cantidade de libros sobre Paraguai que hai nas bibliotecas de Vigo ou sobre Uruguai nas da Coruña", explicou Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na USC, durante a xornada Diplomacia e cultura. "Débese ao labor dos cónsules destes países nas cidades, como Avelino Rodríguez Elías, cónsul do Paraguai ou o cónsul de Uruguai na Coruña, Julio José Casal", explicou. Cagiao detívose no impacto cultural dos consulados estranxeiros no noso país, entre os que destacou a creación da Casa América-Galicia e a edición dunha das grandes revistas de avangarda cultural anterior á Guerra Civil, Alfar.
A conferencia celebrouse como parte do programa da recepción ao corpo consular de Galicia que celebrou hoxe o Consello da Cultura Galega. Tratábase da primeira vez que o CCG convocaba aos diplomáticos delegados en Galicia para "crear un espazo de comunicación e coñecemento mutuo e intercambio", explicou a presidenta do CCG, Rosario Álvarez.
"Detrás da acción diplomática sempre hai un propósito económico e comercial", indicou Pilar Cagiao, "e a acción cultural sempre supuxo un excelente campo para desenvolver". A profesora sinalou como un dos fitos a organización da Exposición Internacional de Fotografías, inaugurada en Vigo en 1924 e que estivo aberta na Escola de Artes e Oficios ata 1925. Para esta exposición, os membros das diferentes legacións contribuíron con stands de fotografías, entre as que figuraban as achegas de Urugai, Bélxica, Paraguai, Italia, Estados Unidos, Perú, Alemaña ou México entre outros. No discurso inaugural, e en representación de todos os cónsules, Eduardo García Huertas, cónsul de Uruguai, afirmou que "as exposicións foron sempre o medio máis interesantes para a divulgación dos valores artísticos, industriais e comerciais". Segundo o cónsul, Vigo foi a "primeira cidade de España que celebrou unha Exposición Universal de Fotografías a iniciativa e patrocinio do Corpo Consular Estranxeiro".
Entre os singulares cónsules de Vigo estaba Avelino Rodríguez Elías, cónsul de Paraguai, quen nunca pisara o país pero que organizou numerosas accións, conferencias e doou moitos libros para que se coñecera a realidade dese país do que ata entón había moi pouco contacto. En memorias remitidas ao goberno paraguaio, Rodríguez Elías afirmaba que o comercio entre os dous países se activara entón. A súa historia deu unha reviravolta importante durante a Guerra civil, cando tivo que exiliarse e refuxiouse en Paraguai, "o país que representara pero aínda nunca visitara", sinala Pilar Cagiou. Outro cónsul en Vigo, José María Perellón, de Uruguai, converteuse nun importante apoio para apoiar a fuxida de republicanos tamén durante o conflito. O cónsul de Cuba, o conservador Luis Bas Molina, tamén facilitou a fuxida de republicanos na Guerra civil e de fuxidos na Segunda Guerra Mundial.
Pero se cadra unha das historias máis notables é a fundación da Casa de América-Galicia na Coruña en 1920, tamén a iniciativa do corpo consular na cidade, xunto cos consignatarios das navieiras que enlazaban con América, moi orientada á emigración e á coordinación das colonias galegas en América. "A mellor expresión da Casa de América-Galicia na Coruña foi a cultural", explicou Pilar Cagiao. Refírse á revista Alfar, dirixida por Julio José Casal, e que se mantivo -desde a Guerra civil fóra de España- ata 1955. Alfar naceu como a revista corporativa da asociación, con información de servizos e comercial, pero a partir de 1923 e o seu número 32, cobrou un carácter exclusivamente literario e por ela pasou a colaborar unha importante nómina de artistas galegos, españois e iberoamericanos, como Castelao, Francisco Miguel ou Antón Vilar Ponte, pero tamén Azaña, Borges, Alberti, Unamuno ou Gabriela Mistral. Alfar foi unha das revistas de vangarda máis destacadas da cultura hispanoamericana dos anos 20 e 30. "Cando Julio Casal marchou para Uruguai", explica Pilar Cagiao, "debido á chegada do franquismo, continuou coa revista en América e continuou a acoller artigos de temática galega. Non esquecera a terra e as amizades nas que nacera o seu proxecto.