O Consello da Cultura organiza un encontro sobre diplomacia cultural

A Illa de San Simón acolle os días 7 e 8 de xuño o evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Imaxe do encontro Poder brando e diplomacia cultural en Galicia

Imaxe do encontro Poder brando e diplomacia cultural en Galicia

Poder brando e diplomacia cultural en Galicia é o título do encontro que convoca para os vindeiros xoves e venres o Consello da Cultura na Illa de San Simón. O encontro céntrase nas posibilidades da cultura como nova forma de poder e de influencia, e quere identificar os trazos de maior potencial do noso país neste campo e analizar as posibilidades de desenvolvermos unha diplomacia cultural propia. Representantes do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), dos sectores editorial e audiovisual, da Asociación Mexicana de Estudios Internacionales ou o director da da Cátedra Unesco Políticas Culturais e Cooperación, Alfons Martinell Sempere, participan no evento.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: San Simón

Coa saída do IGADI e o Fondo Galego de Cooperación, San Simón queda sen actividade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, UNESCO, Consello da Cultura Galega