As migracións galega e azoriana analizaranse en San Simón

O II Congreso Internacional Emigración e Exilio nos Estados Unidos celébrase os vindeiros día 18 e 19

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Cultura Galega coordina o II Congreso Internacional Emigración e Exilio nos Estados Unidos de América, que se desenvolve os vindeiros 18 e 19 de outubro na Illa de San Simón. O encontro centrarase desta volta nas semellanzas e relacións entre a diáspora galega e a que partiu das illas Azores. Nos dous casos, a magnitude do desprazamento chegou a incidir na propia identidade dos lugares de orixe, e en moitos casos, emigrantes e exiliados galegos e portugueses compartiron destinos. O exilio intelectual, a pegada do mesmo na diplomacia cultural ou o aspecto comunicativo da emigración son algúns dos temas que se abordarán no encontro.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estados Unidos, Diáspora, Identidade, Consello da Cultura Galega...