O Congreso do exilio que se celebra no Consello da Cultura Galega fixo un alto nos datos históricos das ponencias para centrarse na memoria; nos recordos daqueles que sufriron en carnes propias a emigración. Chámanse Rosa, Telmo, Rafael.... e cada quen ten a súa historia. A mesma que o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega estivo recuperando durante máis de ano e medio e que agora edita en formato CD-Rom baixo o tÃtulo "Un repertorio biobliográfico: unha primeira achega Arquivo da Emigración Galega". Unha forma de plasmar as historias antes de que o tempo e esquemento as leven para sempre.
Idea do proxecto
Hai ano e medio, no Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega decidiuse darlle voz os exiliados galegos. A aquelas persoas que permaneceron no anonimato e que pola súa avanzada idade estaban a punto de levarse as súas popias historias e experiencias vitais. Un arduo e duro traballo de investigación que conseguÃu reunir unhas 5.000 voces anónimas que constitúen a testemuña viva da historia dun paÃs.
Un proxecto que forma parte da organización do I Congreso do Exilio Internacional que desde o pasado luns se celebra no Consello da Cultura Galega.
Fontes de documentación
Durante o tempo de traballo os membros do Arquivo da Emigración Galega realizaron un labor, case detectivesco, de busca de persoas anónimas da emigración. O seu cometido era o de pre-encher unha ficha, o máis exhaustiva posible, sobre a historia de vida de cada un dos anónimos: nome, apelidos, data de nacemento, data de falecemento, paÃs de exilio e pequeno comentario.
Un traballo de consulta de numersosas fontes de documentación. Consulta bibliográfica, entrevistas persoais, visitas a centros e asociacións tanto no ámbito nacional como no estranxeiro. E todo isto sen esquecernos dos xornas onde o seu baleirado servÃu de importante referencia documentalista. "O Galicia", revista do Centro Galego de Bos Aires, "Revista de Galicia", "Nueva Galicia"... asà como as publicacións que elaboraban as comunidades galegas no exilio. Unha fonte documentalista que aportou información sobre a actividade desenvolvida no exilio.
Visión de futuro
Desde o Arquivo da Emigración son conscientes que tanto a celebración deste Congreso como a elaboración do CD-Rom con todas as fichas non é máis que un pequeno paso. Consideran que para chegar ó nivel de estudio da emigración que se ten desenvolvido noutras comunidades (PaÃs Vasco e Cataluña) aÃnda falta moito tempo.
De momento a historia de vida de 5.000 persoas que tiveron que fuxir da represión franquista xa está dixitalizada e gardada libre do tempo e do esquecemento.