O Diario Oficial de Galicia desde 26 de setembro recolle a inscrición preventiva do MuÃño das mareas da Seca, en Cambados como Ben de Interese Cultural. Tal e como anunciara o Consello da Xunta do dÃa 22, a construción considérase como lugar de valor etnolóxico e un exemplo destacado deste tipo de edificacións. Con esta resolución, o conxunto pasa a contar de xeito preventivo coa máxima protección prevista na lexislación galega.
A declaración, que non fai referencias ao valor histórico do espazo nin ás datas da súa edificación, cualifica o conxunto como "unha construción da arquitectura tradicional" que supón un "exemplo representativo dos muÃños de marea, modelo da cultura propia, manifestación dunha herdanza histórica e sÃmbolo da identidade colectiva".
A protección afecta ao propio edificio que acolle as instalacións de moenda ademais de á infraestrutura hidráulica necesaria para o seu funcionamento. Dentro desta insÃrese o dique e mais o espazo da enseada no que se almacenaban as augas que, liberadas, accionaban catro rodicios agora desaparecidos. Tamén se protexen construcións auxiliares antigamente vencelladas ao uso do muÃño como unha adega e unha corte.
Encol da edificación principal, o texto sinala que o edificio "construÃdo con muros de cachotarÃa concertada de granito e sienita, ocupa unha superficie aproximada de 140 m2". O conxunto acollÃa catro rodicios e contaba cun andar superior dedicado a vivenda. Ademais, "cómpre resaltar a presenza de tres vertedoiros de pedra, un na planta alta e dous no baixocuberta", salienta a declaración, que tamén advirte que parte do terreo onde se almacenaban as augas "foi ocupado inapropiadamente con recheos".
O conxunto, que sofreu varias actuacións de rehabilitación, continúa a presentar problemas de degradación da pedra, falta de mantemento ou actos vandálicos. Ademais, apúntase que a desaparición de elementos determinantes para o funcionamento da instalación "pon en dúbida a súa integridade" e que o seu estado de conservación é "regular" polo que se recomenda novos traballos de conservación. O muÃño, dedicado oficialmente a centro de interpretación do patrimonio cultural, permanece fechado ao público agás momentos puntuais.