
Segundo recolle o texto da incoación, nos argumentos para a declaración pesa o "interese cientÃfico e a súa importancia histórica e arqueolóxica" do conxunto "xa que é un dos xacementos arqueolóxicos máis sobranceiros e coñecidos da Comunidade Autónoma de Galicia como elemento crucial da Idade do Ferro, especialmente na súa fase final e inicio do perÃodo romano". Canda isto, salienta "outros valores intrÃnsecos ao seu carácter como xacemento arqueolóxico visitable e que conta cunha infraestrutura museÃstica de vangarda. Neste sentido, destaca polo seu estado de conservación e pola súa posta en valor, xa que as sucesivas intervencións arqueolóxicas permitiron sacar á luz numerosas estruturas, tanto habitacionais como doutro tipo (murallas, rúas, portas monumentais, alxibes...), asà como importantes restos da cultura material".
A detallar as caracterÃsticas deste ben, o DOG apunta que "o Castro de San Cibrao de Las é un xacemento arqueolóxico excepcional, non só polo seu monumental tamaño ou pola súa importancia histórica e cientÃfica, senón tamén polo bo estado en que se conserva, cunha vasta extensión de zona escavada e musealizada, aÃnda que tan só se trate dun 15% da extensión total do poboado. A súa integridade preservouse de forma excelente, sen que se vise afectada substancialmente a súa morfoloxÃa ao longo dos varios séculos de historia desde o seu abandono".
A incoación do expediente prodúcese apenas un mes de despois que o Goberno Galego chegase a un acordo coas comunidades de montes propietarias dos terreos onde se asenta o castro para que estes pasen a ser un ben público. O conxunto acolle desde 2014 o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.