O Diario Oficial de Galicia recolle este 3 de xullo o expediente para declarar a Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial. Como é habitual, esta publicación outórgalle de xeito preventivo a máxima protección a este elemento, e establece un prazo de 24 meses para completar a declaración de xeito definitivo.
Segundo destaca o texto da declaración "a rapa das bestas é a manifestación inmaterial máis clara que existe en Galicia da relación ancestral entre uns animais, neste caso, os cabalos, e os seres humanos, como xa se reflicte nos gravados rupestres de cuadrúpedes con escenas de monta existentes preto de Sabucedo. A celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo, e doutras rapas, permitiu que esta emblemática especie silvestre, fundamental para a conservación dos ecosistemas de media montaña en Galicia, sobrevivise ao longo dos séculos sendo unha das máis representativa das que quedan en todo o mundo".
Sinala ademais que esta celebración "é testemuña dunha actividade de manexo dun ecosistema, do cal forman parte as bestas do monte, a través dunha serie de prácticas ancestrais", e xustifica o seu valor cultural sobranceiro "ao tratarse dunha manifestación inmaterial que mantén o respecto pola tradición e polos rituais, que foron e son transmitidos de xeración en xeración, ao menos durante os últimos tres séculos, que é reflexo da apropiación identitaria feita da manifestación inmaterial pola veciñanza de Sabucedo ao longo dos anos". Entre os criterios para o recoñecemento salienta o feito de ser "unha das festas máis antigas de Galicia, cunha antigüidade constatada documentalmente de como mÃnimo tres séculos", e referencias á crÃa de cabalos nos montes desde comezos do século XIII.
Segundo define o DOG, a declaración afecta ás "operacións que conforman a manifestación inmaterial da Rapa das Bestas consisten en recoller os cabalos silvestres, denominados tradicionalmente 'bestas', que viven durante todo o ano ceibos e divididos en diversas greas nunha extensión de sesenta quilómetros cadrados de monte, denominado xenericamente Montouto e pertencente a varias parroquias de varios concellos, e conducilas a Sabucedo. Isto realÃzase durante toda a xornada do venres e durante a mañá do sábado e recibe o nome de «baixa». Nela participan, xunto coa veciñanza, centos de persoas de toda Galicia e de fóra dela. O sábado á tarde, o domingo e o luns, as bestas son introducidas no recinto do curro para rapalas, é dicir, para cortarlles as crinas, ao tempo que se desparasitan. Dentro do recinto do curro, a rapa é realizada polos aloitadores e aloitadoras nunha loita corpo a corpo, denominada 'aloita', na cal se inmobiliza o animal coa finalidade de rapalo".
A protección abrangue diferentes elementos propios deste cerimonial, a incluÃr a misa coa que comezan as operacións. Deste xeito, contémplase todo o proceso de baixar os cabalos do monte, a incluÃr o 'atavÃo' das persoas participantes, ferramentas como o 'pau de moca' empregado nesta operación ou as expresións e códigos propios deste labor. Finalmente, a rapa ou curro propiamente dito, co traballo de 'aloitar as bestas', a inmobilización, desparasitación e rapa dos animais, fican tamén protexidos por esta orde. A declaración recoñece tamén o papel da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, que na actualidade xestiona a celebración en todos os seus aspectos e complementou o labor gandeiro con propostas culturais e un festival.
Como medidas de protección, a Xunta propón "proceder ao arquivo e á sistematización dos documentos e demais materiais relacionados con este patrimonio cultural inmaterial para poder ter unha comprensión máis eficaz e completa del, e a súa difusión debe ser promovida, auspiciada e, na medida do posible, serÃa recomendable que se incorporase ao ensino tanto formal como non formal".