
Os elementos recoñecidos como lugar de valor etnolóxico son adegas, empregadas para a elaboración do viño, e covas escavadas na ladeira nas que a bebida se conservaba a unha temperatura axeitada. No conxunto existen tanto covas e adegas independentes como outras nas que os dous elementos se atopan unidos. Segundo explica a declaración, "a adega é unha estancia previa á cova de planta baixa, en que se aloxan os aparellos necesarios para a elaboración do viño como lagares, estrulladoras, canteiros para soportar os cubetos, alambiques. Ten planta cuadrangular, de dimensións medias de 5,00 metros de ancho, 8,00 de longo e 3,50 metros de altura".
Canda a esta parte, "o corpo principal da cova é o corredor, un elemento de comunicación lonxitudinal que dá acceso a todos os espazos. Escávase describindo unha bóveda de canón xerada segundo distintos tipos de arcos: de medio punto, apuntado, rebaixado ou peraltado, segundo a natureza do terreo. Pode chegar a acadar unha anchura de 2,5 a 3metros, unha altura de 3 a 4 metros, e as covas máis longas poden superar os 14 metros". Nas beiras dese corredor, "créanse uns espazos con forma abovedada denominados nichos, destinados a aloxar as cubas e os cubetos".
O expediente dá conta das caracterÃsticas fÃsicas destes espazos, que contan con muros de carga de grande grosor, portas de grande tamaño para facilitar a entrada de cubas e de carros ou bufardas para facilitar a ventilación, a manter en conxunto as caracterÃsticas da arquitectura tradicional galega.
A declaración sinala que este conxunto "integra o patrimonio etnolóxico de Galicia ao ser un lugar relevante da identidade, a cultura e as formas do pobo galego ao longo da historia" xa que "son e representan unha maneira de entender as terras circundantes, o esforzo diario de atención ás vides, os coñecementos climáticos relacionados coa obtención dos mellores caldos, a convivencia da veciñanza nos diferentes labores que implica a cultura do viño, as técnicas transmitidas desde a tradición máis primaria que leva os homes a comprender que a forma de protexer o seu tesouro lÃquido da temperatura é escavar na terra para procurar esa frescura salvÃfica". AsÃ, considéranse "elementos etnolóxicos fundamentais que hai que preservar como memoria da identidade, a cultura, as tradicións e as formas de vida de Seadur, de Valdeorras e, por extensión, de todo o pobo galego".
O Catastro de Ensenada, a mediados do século XVIII, xa apunta a existencia dalgúns destes elementos. O expediente do DOG apunta a importancia que tiveron a finais do século XIX para conservar viño destinado a exportación vÃa ferrocarril. Ademais, estes espazos foron determinantes para a recuperación das vides na zona logo da praga da filoxera nesta perÃodo. As peculiares caracterÃsticas de humidade e temperatura destas estrutura facilitaron a conservación das pugas coas que se enxertaron as viñas que permitiron repoboar este cultivo.
Segundo recolle o DOG, na actualidade boa parte destas construcións manteñen o seu uso vitivinÃcola e na súa práctica totalidade teñen tamén un uso lúdico para encontros sociais.