En santo Estevo do Ermo existiu unha capela e un camposanto, hoxe ocultos baixo capas de terra. Tamén dúas fontes santas e unha espectacular fervenza do rÃo de santo Estevo. Ante a oportunidade de adquirir os terreos nos que a memoria popular revelaba o emprazamento da capela e a existencia das tumbas, a Fundación Eira da Xoana e Mariña Patrimonio emprenderon unha campaña de crowdfunding en 2024 para adquirir a finca e emprender un proceso de investigación e recuperación. Coa axuda da deputación de Lugo acábase de rematar a segunda intervención arqueolóxica no espazo que revela a complexidade dun espazo habitado durante moito tempo.
"Desta volta fixemos unha sondaxe nunha zona máis distanciada do espazo no que posiblemente se atopa a capela", explica Francisco Alonso Toucido, de Tempos Arqueólogos, "porque habÃa referencias a que aparecera un concheiro tamén con restos de ósos". Santo Estevo atópase no fondo dun profundo canón a tres quilómetros da liña costeira, asà que a presenza do cuncheiro podÃa indicar a existencia dun espazo doméstico xunto coas estruturas relixiosas. A capela de santo Estevo aparece xa en fontes do século XII como a capela de Santo Estevo de Augas Santas, en relación ás fontes miragreiras. E a finais do século XV indicábase que o templo funcionaba como igrexa parroquial e lugar de enterramento. A vella capela foi derrubada en 1740 para construÃr a nova, rÃo abaixo con respecto ao emprazamento da orixinal. De acordo da documentación, cando menos desde o século XVII habÃa ermitás atendendo o santuario e vivindo alÃ.
O equipo arqueolóxico atopouse con que nesa zona superior a sondaxe tiña unha potencia enorme. "HabÃa case dous metros e medio de potencia!", explica Francisco Alonso Toucido, dando conta de que ao longo de toda esa altura, sucedÃanse materiais e estruturas arqueolóxicas. "Na zona superior atopamos uns muros en superficie, nada máis quitar as primeiras capas de terra. Penso que debe tratarse dalgunha estrutura, por agora indetermindada, de época moderna ou contemporánea". Pero conforme os arqueólogos retiraban terra, foron localizando "derrubos de barro con restos de enlucido". Tratábase de edificicacións construÃdas en barro que se foron derrubando, posiblemente, desde un nivel superior do terreo. "Apareceron niveis de queimado moi abundantes", engade Alonso Toucido. Todo parecÃa indicar que se trataba de sucesivas estruturas que se Ãan derrubando sobre o lugar.
"Aquà non coñecemos moito ese proceso construtivo", explica o arqueólogo, "pero polo que sabemos doutros lugares trátase dun procedemento polo que se sanean as estruturas, se derruban e se volven edificar". Canda esas capas de muros caÃdos de barro, os arqueólogos localizaron o concheiro ao que aludÃa a memoria popular. "Atopamos berberechos, ameixas, ostras, mexilón, e tamén ósos de fauna, como vacas, porcos ou algunha ave", explica, "e polo medio tamén algunhas cerámicas de cronoloxÃa altomedieval, anteriores ao século X". Alonso Toucido é precisamente especialista e doutor en cerámica galega da Idade Media.
"O que temos é un espazo profusamente ocupado", explica o arqueólogo, "e non só a igrexa ou a necrópole". Toucido é renuente a concretar unha cronoloxÃa, aÃnda que os datos indican que se trata dunha ocupación antiga. "O ano pasado atopamos unha xerra feita a man, bruñida, moi curiosa, que debe ser moi tempera". Coa estensión do escavado non é doado concretar que tipo de ocupación se trata, aÃnda que o arqueólogo avanza unha conxetura. "Parece que temos unha fase do nacemento das primeiras aldeas. Hai que pensar que os campos de cultivo están bastante próximos, está preto do mar pero ao tempo está apartado, e por riba están estas dúas fontes con augas ferruxinosas e propiedades curativas nun espazo moi singular, cun canón de paredes de cuarcita", explica. Todo iso parece situar as orixes do espazo nunha fase moi antiga da Idade Media galega. "A pregunta agora é que foi antes? A aldea ou a igrexa? O ovo ou a galiña?", di Toucido entre risos.
Para o vindeiro ano, o obxectivo é explorar o espazo da capela e deixar parte das estruturas á vista para facilitar a comprensión deste singular espazo arqueolóxico.