Abren unha campaña para adquirir o sitio arqueolóxico de Santo Estevo do Ermo

É un recinto arqueolóxico e natural de orixe medieval no concello de Barreiros (Lugo)

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Ruínas do complexo da igrexa de Santo Estevo do Ermo. Foto: Mariña Patrimonio

Ruínas do complexo da igrexa de Santo Estevo do Ermo. Foto: Mariña Patrimonio

A Fundación Eira da Xoana, de ADEGA, Mariña Patrimonio e a Irmandade de Santo Estevo do Ermo lanzaron hoxe unha campaña conxunta para a adquisición da parcela na que se atopan as ruínas de Santo Estevo do Ermo, unha igrexa e necrópole de orixes medievais localizada no concello lucense de Barreiros. O lugar, documentado cando menos desde o século XII como Santo Estevo de Aguas Santas, atópase nunha paraxe natural marcada por unha fraga e unha fervenza. A parcela que pretende adquirir hoxe é o eucaliptal no que se atopan os restos da antiga igrexa de Santo Estevo do Ermo, as cabanas nas que vivían as eremitas asociadas a esa igrexa e unha antiga necrópole medieval. Os obxectivos do colectivo pasan por eliminar os eucaliptos, recuperar a fraga e realizar estudos arqueolóxicos e mesmo unha escavación. Nas proximidades da parcela hai unha fervenza, ou 'revertedoiro' no léxico local e dúas fontes milagreiras que aínda se usan. Nas proximidades atópase a capela nova de Santo Estevo, onde hoxe en día se continúan celebrando romarías. As entidades promotoras aspiran a acadar 6000 euros para adquirir a parcela e levar a cabo as primeiras prospeccións arqueolóxicas dun lugar asociado ás curacións a través das augas sagradas. A parcela adquiriríase a nome da Fundación Eira da Xoana.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barreiros, Lugo, Mariña Patrimonio, ADEGA...

Claves

Conceptos
Lugares