A Eira da Xoana consegue os cartos para adquirir o sitio arqueolóxico de Santo Estevo do Ermo

O obxectivo é recuperar o antigo espazo

26/6/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
23 lecturas | Compartido 0 veces

O abrigo natural na parcela adquirida. Foto: Mariña Patrimonio

A Fundación Eira da Xoana superou os 6.000 euros que solicitaba nunha campaña de crowdfunding para adquirir, retirar a vexetación invasora no sitio arqueolóxico de Santo Estevo do Ermo, un enclave histórico e natural no concello de Barreiros. Na parcela que se vai mercar atópase, segundo a Eira da Xoana, "os restos da antiga igrexa de Santo Estevo, as do seu antigo cemiterio e as ruínas das cabanas das eremitas (“ermitañas”) que antigamente habitaron nesta máxica fraga de Augas Santas". A campaña fora lanzada a finais do mes de maio e inclúe unha primeira prospección arqueolóxica do espazo. Xunto coa Fundación Eira da Xoana, da asociación ecoloxista ADEGA, a campaña incluiu a participación de Mariña Patrimonio e a Irmandade de Santo Estevo.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares