Unha festa na Eira da Xoana recupera a tradición do Lume de San Pedro

Moitos lugares de Galicia festexaban con fogueiras a data de hoxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Apenas 6 días despois do San Xoán, en moitos lugares do noso país era tradición celebrar con lume o día de San Pedro (29 de xuño) como complemento ou mesmo no lugar da coñecida festa do día 23. A apostar pola recuperación desta data, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, celebra esta tarde no seu local da Eira da Xoana, na Ulloa, a festa do Lume Vello. Na mesma, o arqueólogo e etnógrafo Felipe Senén falará sobre esta celebración. Segundo explica, o nome de Lume Vello vén do costume de tirar neste día a borralla da lareira e de limpar esta área do fogar prendendo un lume novo, a xeito de renovación. A celebración, moi vencellada aos ritos de San Xoán, inclúe tamén a recollida de herbas aromáticas. A celebración comezará ás 20 horas na Eira da Xoana e haberá sardiñada e música.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Pedro, San Xoán, Felipe Senén, ADEGA...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares