Recuperar un espazo nunha aldea abandonada e facer un exemplo de sustentabilidade e de recuperación patrimonial. Aldeaverde A Eira da Xoana é o nome dun proxecto pioneiro que, desde A Ulloa, quere amosar un xeito novo de se implicar na conservación do medio, no desenvolvemento rural e mais nos saberes tradicionais vencellados á terra. Desde a Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galicia explícannos as bases deste proxecto.
En esencia Aldeaverde é un programa de educación e voluntariado ambiental que promove ADEGA con vistas a que participen tanto os seus socios coma calquera outra persoa, centrado especialmente no ámbito do rural galego, explica Ramsés Pérez, coordinador desta iniciativa no seo da organización ecoloxista. Malia ao nome de Aldea, polo momento a proposta está restrinxida á recuperación a casa da Eira da Xoana, en Ramil. É unha casa rural pequena que conta cunha eira, un hórreo e mais un lavadoiro. Agora mesmo estamos pendentes de recibir o permiso para comezar as obras, xa contamos con axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e mais da Consellaría de Vivenda, explica Ramsés. Precisamente por mor destas axudas, o proxecto conta con apenas seis meses para estar rematado. Imos un pouco xustos, recoñece Ramsés. A proposta de ADEGA caracterízase por unha clara vontade de implicar a colectividade no desenvolvemento do proxecto. Os membros, simpatizantes e voluntarios que estean interesados teñen o seu lugar nos traballos de recuperación da Eira da Xoana. Xa fixemos unha primeira limpeza do campo e mais da casa, retirando tellas e algunhas trabes que estaban en mal estado, explica.
Novas instalacións
Logo da recuperación da casa, o proxecto quere desenvolver un pequeno albergue para acoller os visitantes e desenvolver iniciativas de varios días, actividades a cuberto e mesmo campos de traballo que desenvolvan tarefas de recuperación de elementos patrimoniais e ambientais, sempre cunha decidida vontade didáctica encol do noso medio e das nosas tradicións. A importancia da sustentabilidade neste proxecto fica en evidencia ao falarmos do sistema de depuración de augas residuais mediante unha zona húmida ou do tratamento integral dos residuos orgánicos na propia eira. Esta aposta, alén de conseguir un espazo plenamente sustentable, quere tamén servir coma exemplo para difundir no seu contorno inmediato prácticas máis axeitadas á conservación do noso contorno. Tanto o persoal como o propio centro, estarán ao servizo da poboación local en temas ambientais e culturais, transmitindo xeitos sustentábeis na vida cotiá e asesorando aos veciños/as da comarca na instalación de dispositivos eficientes, explica o proxecto Aldeaverde. Unha serie de roteiros interpretativos sobre os elementos naturais e culturais que deron pé á paisaxe da Ulloa completan as instalacións previstas nesta área.
Coñecementos ancestrais
Alén dos voluntarios chegados de fóra, o proxecto Aldea Verde nace coa decidida intención de implicar os veciños da zona nas súas actividades, funcionando coma un polo de desenvolvemento rural. A busca desta implicación non é totalmente desinteresada. Segundo recoñecen desde ADEGA, existe un saber importantísimo na sociedade tradicional sobre como se relacionar co medio. Deste xeito, Aldea Verde quere aproveitar eses coñecementos para os aplicar ao futuro. Entendemos que un grupo coma o noso debe recoller comportamentos e prácticas que sobreviviron ata hai moi pouco no país. Aínda que sempre houbo conflitos, e os galegos practicamente eliminamos especies coma o oso ou a pita de monte, en xeral houbo unha xestión máis ou menos sustentable do medio. Ás veces fálase do rural coma un lugar atrasado, cando en cuestións coma ecoloxía moitas veces cómpre ollar para ali. Como exemplo, Ramsés indica que nós non presentamos o noso programa de compostaxe doméstico coma algo moderno que nos chega desde Europa. Abordámolo coma a recuperación dunha práctica tradicional que resulta moi acaida para os días de hoxe.
Recuperación e conservación
Deste xeito, protección e cultura tradicional intégranse na iniciativa. Seméllanos que hai coma unha terra de ninguén á hora de traballar o patrimonio inmaterial vencellado ao ambiente. Hai traballos de recuperación de muíños ou doutras construcións, e tamén recollida de cantigas e de historias, pero o saber sobre o contorno está pouco traballado, explica Pérez. Nomes de animais e de plantas, coñecemento sobre os ciclos naturais ou os usos tradicionais da terra son algúns dos saberes que se agardan recuperar neste proxecto. Do mesmo xeito, cursos de compostaxe ou plantado contan tamén coa presenza habitual da xente do lugar. Claro que non vai ser todo traballar, e segundo recoñece este activista nas festas que xa fixemos, coma o San Xoán, os veciños son os primeiros en participar. No futuro, as propostas ábrense a crear emprego entre os habitantes de Ramil, así como a aproveitar os seus saberes na elaboración de alimentos tradicionais ou artesanía, aproveitamento de recursos forestais ou mesmo empregos da auga e tratamento de residuos.
Visitantes e colaboradores
De xeito semellante, a perspectiva de participación amplíase dos veciños a todos os interesados mediante o voluntariado. Pensamos que é positivo recuperar os traballos comunitarios do agro que se están a perder. E entendemos que o voluntariado ambiental pode axudar a cubrir o baleiro poboacional que hai para os abordar, así que xuntamos os veciños de Ramil con socios ou simpatizantes para, por exemplo, amañar a ponte ou os muíños que hai onda o Ulla. Trátase de darlles ferramentas á xente para que poida participar. Queremos que todo o mundo se poida achegar á nosa cultura e participar dela. É de agardar que para o verán se poida ver o proxecto xa máis ou menos en marcha. Claro que os interesados, poden irse achegando á Eira da Xoana para botar unha man.