Un festival de música de cámara que se celebra no rural xa é de por si orixinal. Pero se engadimos que o lugar é o rural galego, en concreto na Ulloa, e que ademais o proxecto está vencellado a unha iniciativa de custodia do territorio, a cousa é aínda máis curiosa. Festiulloa chega o vindeiro 15 de agosto á súa sétima edición amosando as posibilidades de integrar arte e medio.
A Casa da Terra en Vilapoupre, Antas de Ulla acolle o vindeiro 15 de agosto ás 20:30 horas o concerto co que abre a edición deste ano do Festiulloa, o Festival de Música de Cámara da Ulloa. O violinista holandés Christiaan Bor, canda a Rudi Esteban, Sergio Vigara, Rocío Fuentes, Andrés Moreno, Pedro Porras, Jorge Belda, Blanca Rubal e Javier Ferro serán os encargados de interpretar os repertorios desta xeira. Borodin e Tchaikovsky compoñen o programa desta primeira xornada, e para o 16 a Casa da Cultura de Antas de Ulla acollerá a segunda xeira, cun repetorio tamén de Tchaikovsky e mais de Sibelius.
Música e natureza
A sétima edición do encontro amosa xa a consolidación dunha curiosa iniciativa nada da man da asociación Querqus Sonora. "O proxecto naceu en 2007, cando rematei os estudos de violín en Holanda. Alí fan o Festival de Música de Cámara de Ámsterdam, e eu tiña gana de tentar algo semellante aquí". Rudi Esteban Ferreiro , un dos impulsores do evento e mais da asociación Querqus Sonora, que o promove, explica que ao interese pola música uniuse "que a miña compañeira, Sandra Gobet, é bióloga e pensamos en cinguir os dous intereses, artellando unha asociación ambiental e cultural".
Voluntariado
Naceu así Querqus Sonora e mais o Festiulloa. "Integramos música de cámara e custodia do territorio para recuperación do bosque autóctono e mais da fauna", explica este violinista. As actividades do colectivo sostéñense en base ao voluntariado, ata o punto de que os músicos que acoden a tocar no proxecto non cobran polas súas interpretacións, para alén ver cubertos os gastos de transporte e manutención. Do mesmo xeito, o público asistente non paga entrada, senón que realiza unha achega voluntaria coa que se consegue, "case sempre", sufragar o proxecto, segundo explica Ferreiro. "Pode soar como unha proposta moi soñadora, pero xa imos pola sécima edición, só o primeiro ano tivemos subvención, e a cousa vai adiante, pensamos que isto demostra que con pequenos grans de area pódense facer cousas moi grandes".
Custodia
De xeito paralelo, o proxecto ambiental da asociación desenvólvese mediante as achegas de socios que pagan unha única cota anual de dez euros. "O noso principal proxecto é a adquisición de fincas para poder protexer o bosque autóctono" mediante o que se coñece como custodia do territorio. En total teñen xa máis de 7.000 metros cadrados nos que actúan para recuperar os valores naturais da zona. "Non se trata de reforestar, porque está claro que Galicia se reforesta soa, pero si que pretendemos eliminar destes espazos especies foráneas como eucalipto e o piñeiro, e recuperar as autóctonas, así como protexer estas zonas da caza furtiva", explica este músico.
Educación ambiental
Este último curso marcou un novo fito na evolución do proxecto. "Recentemente viñemos vivir á Ulloa desde Madrid. Isto permitiunos abrir ao longo deste ano unha fronte que para nós é fundamental, que é a educación para os máis novos. Antas de Ulla padece un despoboamento moi acusado, o que non é bo. Mais ao tempo, ao haber poucos neno, reciben unha escola moi directa. Nós traballamos a concienciación en temas ambientais, facemos moitas saídas ao campo e recollidas de lixo en bosques e ríos. Os nenos e nenas responden incriblemente ben e vemos que os pais tamén, atopamos unha poboación moi aberta e que quere actividades".
Vencellos locais
A aceptación de actividades compróbase tamén no seguimento que o Festiulloa acada entre a poboación local. "Desde o comezo notamos como vai medrando o interese da xente da comarca. Xente que ao mellor nunca escoitara un cuarteto de Mozart ou de Beethoven veñen cunha grande apertura de mente e con gana de escoitar e de aprender". A localización dos concertos en espazos como pazos ou zonas ao aire libre "permite que a xente se achegue á música en lugares que non son os habituais e axuda tamén a que se valore o patrimonio da comarca", completa Ferreiro.
Importancia
Como fitos da experiencia destes anos, o músico destaca "a presenza habitual de Christina Boor, considerado un dos máis grandes violinistas do mundo" e antigo mestre seu en Holanda. Canda a el, outros músicos de alto nivel, tanto holandeses como españois e doutros lugares do préstanse a colaborar de balde coa iniciativa. "Contamos con xente altísimo nivel, como os compoñentes da Orquestra Sinfónica de Madrid. Con isto compróbase que o que lles gusta aos músicos é tocar". Os interesados en coñecer de primeira man esta iniciativa, só teñen que se achegar os días 15 e 16 a Antas de Ulla.