Salas de concertos en aldeas, cinemas en palleiros, espazos de formación e de creación artÃstica en bosques. Empresas de turismo alternativo, retiros, sedes de festivais, iniciativas de custodia do territorio ou varias destas cousas ao tempo. A contorna rural galega acolle desde hai anos toda unha serie de propostas moi diversas arredor da cultura. Este mes de xullo, o Cinema Palleiriso de Chantada acolleu un primeiro encontro no que unha ducia delas se atoparon e debateron. Repasamos da man desta cita como se desenvolve a nosa cultura no rural.
Co tÃtulo de "Xuntanza de proxectos. Vida e arte no rural", o Cinema Palleiriso de Garabelos, Chantada, acollÃa este 13 de xullo representantes de trece iniciativas que traballan arredor da cultura (e non só) no contorno non urbano do paÃs. Salas de concertos como A Arca da Noe, proxectos de creación e residencia artÃstica como Espazo Matrioska ou a Casa Quindós de Óliver Laxe, aÃnda en proceso de se iniciar en Navia de Suarna, atopáronse para abordar as problemáticas e posibilidades comúns dos seus traballos. Segundo explica a coordinadora Cristina Castro, "esta actividade naceu a nivel persoal, como parte da idea de pór en valor o rural e a arte. Reunimos propostas que conxugan estes factores nunha realidade sociodemográfica similar de despoboamento e de abandono como son as provincias de Lugo e de Ourense. PretendÃase coñecer estes emprendementos e facilitar intercambios, para que todos nos coñezamos de xeito directo. A falar con algunhas das persoas responsables vin moita gana de tecer redes, e nese sentido un encontro coma este pareceume moi axeitado. Hai unha necesidade de se coñecer e ver que hai outra xente a facer cousas similares". Castro recoñece que existen moitas máis propostas das que están presentes nesta iniciativa "hai moitas máis vencelladas á terra, á permacultura e outras cuestións, pero este encontro centrouse na arte e na cultura". Sobre a proliferación das que, desde este ámbito, teñen o rural como base, Castro recoñece que "cando me puxen a facer a actividade só coñecÃa tres ou catro proxectos. Ao ir investigando sorprendeume a cantidade que hai. Hai xente que leva xa máis de cinco anos en marcha, e ata dez. Canda a estes, deuse outra vaga máis recente que están a se consolidar.
Implicación ambiental e comunitaria
O respecto ao medio aparece como un dos poucos elementos comúns á colección de propostas que participaron deste primeiro encontro. Traballos de custodia do territorio, permacultura, actividades con cabalos, educación ambiental e outras similares están presentes nunha grande parte destas iniciativas. "É algo transversal, ao igual que o interese pola arte desde diferentes modalidades. Penso que a creatividade, a natureza, o rural e o comunitario están en practicamente todas", resume a coordinadora, que salienta tamén o interese xeral por se integrar nas comunidades locais. "Todos apostan polo consumo local e se nutrir do seu contorno. Tamén se procura desenvolver unha programación para a veciñanza que lles permita acceder á cultura sen ter que se desprazar á cidade". Canda a isto, a outra grande caracterÃstica que comparten as iniciativas reunidas é a aposta pola rehabilitación de espazos para ter a súa sede, xa sexan casas soltas, aldeas enteiras ou mesmo construcións adxacentes, como é o caso do Cinema Palleiriso.
Diversidade
Fronte a estes eixes comúns, predomina a diversidade de ideas e de modos de facer. Segundo apunta Castro, no encontro reunÃronse "creadores e creadoras que acordaron ir ao rural desenvolver proxectos, xente que aborda a produción desde outro concepto, salas de concertos ou programacións que apostan polo rural e lugares que procuran ser residencias artÃsticas e fomentar a creación desde fóra do sistema. Como no caso de The Foundry, propoñen crear outro modelo e tempo e xuntar xente con espÃrito crÃtico". Deste xeito, só se poden sinalar elementos comúns a algunhas das iniciativas presentes que, no entanto, poden axudar a comprender as coordenadas nas que se están a desenvolver estas propostas.
Carreiras no rural
"Hai casos de persoas cunha carreira artÃstica que optan por a desenvolver o rural. É o que fai Davide Salvado con A Casa do RÃo. Tamén está quen decidiu optar por un cambio de estilo de vida e ficar algo fóra do sistema, traballar desde un lugar de máis silencio e discreción", sinala Castro. Rebeca Ponte co Ribeiro Land Art, os membros do colectivo artÃstico Espazo Matrioska ou Ugia Pedreira e Marina Oural, que se sumaron no último momento ao encontro coa súa Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento son outros exemplos desta liña. O retiro de Óliver Laxe ou o espazo que a coreógrafa e bailarina Nuria Sotelo está a desenvolver orientado ás artes do movemento son as máis recentes incorporacións a esta liña que se achegaron ao Cinema Palleiriso.
Residencias, intercambios e voluntariado
Varios dos lugares que participaron no encontro ofertan a posibilidade de os habitar durante un tempo. Sexa polo atractivo da súa localización como polas dinámicas interpersoais que se xeran nelas, moitas destas iniciativas atraen a xente disposta a ficar alén dunha visita puntual o dunha actividade concreta. Espazo Matrioska e a súa convocatoria anual para residir no lugar e desenvolver proxectos artÃsticos aparece como unha proposta consolidada neste sentido, ao igual que as Residencias Alma que organiza Ecos da Pedra. De xeito similar, outros espazos teñen na súa base a idea de interccambio. EstadÃas mediante programas de voluntariado e outras fórmulas máis ou menos estruturadas procuran xerar redes arredor de cada un deles. The Foundry, A Casa do RÃo e Sete Outeiros aparecen como principais representantes desta liña de traballo entre os presentes no encontro. É de destacar que estes dous últimos se definen especificamente como LBGTIQ+ e se presentan como "espazo seguro" e "retiro" para estes colectivos. Estas liñas de traballo fan que en moitos destes espazos de cultura se mesturen ámbitos públicos e privados, a compartir as persoas responsables os seus lugares de vivenda habituais con participantes e actividades.
EconomÃas diversas e alternativas
En relación co anterior punto, as contribucións en especie das persoas que se achegan fai parte do xeito no que algunhas destas propostas apostan pola sustentabilidade. Para alén de recibir achegas económicas por estadÃas e actividades, o traballo voluntario para o acondicionamento e mantemento no lugar (caso de The Foundry ou Sete Outeiros), labores na horta ou mesmo obradoiros e formacións especÃficas son xeitos nos que se pode contribuÃr a algúns destes proxectos. Noutros casos, a sustentabilidade conséguese grazas a unha actividade económica máis ou menos vencellada ás que constitúen o eixe de cada iniciativa. Adegas vinÃcolas (Ec
os da Pedra), propostas de aloxamento e turismo sustentable ou organización de ventos (Sacra Festival) gastronomÃa, produción artÃstica (Espazo Matrioska, Boán) ou mesmo o investimento en bitcoins que permitiu botar a andar The Foundry son algúns exemplos. "Hai denominadores comúns pero tamén unha grande diversidade. Ir ao rural é un privilexio e non todos podemos permitilo. Cómpre ter un capital, unha vivenda ou algo que permita comezar. Entón moitos proxectos teñen que procurar un piar de renda que lles permita facer ese desprazamento", sinala Castro. Deste xeito, moitas das propostas que están en marcha non se restrinxen á actividade cultural. Nesa diversidade aparecen desde fórmulas orientadas ao benestar persoal como actividades de ioga ou meditación (Quindós, A Casa do RÃo), ou o formato de sala de concertos, bar e casa de comidas da Arca da Noe. Dentro das propostas que se xeran desde estes espazos é de destacar tamén a existencia de varios festivais de música, como son o Sacra Festival, Festiulloa, Sons da Pedra ou Reina Loba que teñen a súa orixe en espazos coma estes.
Formación e artes
Dentro das actividades que desenvolven estes proxectos, un elemento común a moitos é a aposta pola formación. Obradoiros e cursos de todo tipo fan parte da oferta cultural do rural galego. "No rural non hai traballo e cómpre crealo. Para isto cómpre xerar algo que permita tamén recibir algo, e a formación e os cursos están a ser das cousas máis socorridas nestes proxectos", apunta Castro. Dentro da ampla diversidade que presentan estas iniciativas, hai unha serie de artes que contan cunha especial representatividade. A música, sexa mediante concertos, festivais ou cursos, as artes plásticas, en particular no seu aspecto formativo, ou as artes do movemento aparecen como as máis repetidas dentro desta selección.
Tecer redes
Esta primeira xuntanza acabou "cunha comuñón de proxectos moi grande e a intención de nos axudar e colaborar de algún xeito. Xa quedamos en nos visitar, ter outro encontro en setembro e ir falando para traballar xuntos, non sei se como asociación ou en que xeito, pero ai aà unha semente que está a xermolar", explica Castro. "Hai uns valores de base de vinculación á natureza, o coidado e a idea de pór a vida no centro que se viron no encontro. A idea da arte como un motor para habitar o rural e descentralizar a cultura". Dentro dos problemas que se abordaron "viuse o de como se sustentar desde cultura, o difÃcil que é poder vivir neste sentido" ou "a necesidade de nos visibilizar desde os valores que compartimos, cun bo enfoque de activismo rural para o dar a coñecer desde esta óptica, sen apostar por turismo masificado", aÃnda que "o encontro non se centrou tanto nas dificultades como nas potencialidades do que se poderÃa facer e de xuntar forzas". Segundo apunta a coordinadora, "a crise da Covid-10 afectou a todo o mundo, e tamén estes proxectos tiveron que suspender actividades e cursos, pero este perÃodo foi moito máis amable e amigable levalo no medio rural. Agora ademais moita xente está a optar polo rural como ocio, e isto fai que moitas actividades estean a recibir aÃnda máis xente".
A resumir a súa visión sobre este tipo de propostas, Cristina Castro teno claro. "Penso que este é o futuro, nestes tempos o camiño á vida, á saúde e á liberdade está ligado á terra, a crear un novo modo de vida no que poidamos decrecer o consumo, ser mais autosuficientes e poder crear outros modelos relacionais máis humanos, onde a vida e os coidados estean no centro. Cómpre recuperar o ver o sagrado nas cousas, recuperar valores esenciais máis profundos e espirituais, reactivar o valor da comunidade que é algo que sempre fixo parte da nosa cultura e traballar na construción de procesos e redes de apoio mutuo, a rehabitar a terra dos nosos ancestros".