Durante moito tempo, o medio rural ficou, a nivel cultural, centrado en verbenas e festas tradicionais ou como escenario de festivais musicais que, no entanto, se celebraban de costas aos habitantes e á cultura da propia zona. Nos últimos anos están a se multiplicar no noso país, e tamén fóra, propostas que reivindican a vida de aldea e integran a actividade artística no día a día dos veciños. Con exemplos como o festival de cinema de Cans, no Porriño, ou o Laboratorio Alg-a de Valadares, a tendencia semella gañar adeptos.
A pasada fin de semana, Santiago de Albá, en Palas de Rei, acollía Son daldea. Esta proposta, centrada na representación da vida tradicional da aldea, reuniu a preto de cen veciños que, da man do grupo de teatro afeccionado Metátase, amosáronlles aos visitantes dramatizacións de cómo se vivía no lugar hai anos, pondo en valor oficios e lugares da zona. Os vindeiros días 22 e 23 de setembro, o contorno da casa natal de Luz Casal, en Andabao, Boimorto acolle o Festival de la Luz, un evento que conta coa colaboración dos veciños e que reivindica a vida rural cun mercado de produtos , servizos e experiencias neste contexto. Son só as propostas máis recentes dunha tendencia que semella ir medrando no noso país.
Propostas nun novo contexto
Moisés Álvarez, xornalista e xestor cultural, colabora en iniciativas deste tipo e prepara un web centrado nesas manifestacións cultural. Ademais, é autor de Aldeas da Cultura: 10 claves para propostas creativas no rural, un artigo publicado no web Nócomún, que repasa un bo feixe de propostas que, segundo sinala, teñen no rural o seu eixe, e ademais, dun xeito ou doutro, non só transcorren alí, senón que reflexionan, contan ou tentan divulgar e dinamizar. O rural non se entende só como espazo, senón tamén como obxecto da acción. Para el, están a se facer actividades no rural que non están ligadas a formatos que xa teñen tradición neste contexto, como poden ser as verbenas, que tamén teñen cousas interesantes. Abríronse manifestacións culturais que ata o de agora estaban máis centradas no ámbito urbano. Cinema, como en Cans, arte, como no caso do Laboratorio Alg-a e do Furancho de Arte Contemporánea, música e danza, como é o caso do festival de Saumede, ou concertos son algunhas das iniciativas que no noso país están a saír dos límites das cidades. Para alén de montar ciclos de teatro tradicionais ou pequenos festivais, pódense facer festivais de electrónica, eventos de poesía ou certames audiovisuais, hai cabida para moitas cousas. No entanto, sinala que non penso que este eventos sexan por si mesmo máis interesantes que outras propostas que xa levan anos a se desenvolver neste contexto e que son claves. É dicir, non penso que un festival de música electrónica no rural poida ser máis importante do que o Entroido de Laza, por exemplo.
Xeitos de se integrar
O xeito no que as diferentes iniciativas se relacionan con contexto agrario varía, se ben polo xeral teñen en común reivindicar o propio lugar no que se desenvolven e mais un xeito de vida afastado do urbano. A promoción de produtos locais, as iniciativas para dar a coñecer os atractivos do contorno ou a propia participación dos veciños na organización e desenvolvemento das actividades son algúns dos xeitos nos que se establecen estas novas relacións entre cultura e rural. Para Álvarez, distinguiría sobre todos dous xeitos de abordar esta cuestión. Por unha banda hai festivais ou eventos que se poderían facer en calquera cidade e que simplemente se localizan no rural. Pola outra, hai eventos que só se poden facer nun lugar concreto, sexa pola súa xente, a súa xeografía ou por cuestións anecdóticas como é o propio caso de Cans e a súa homofonía con Cannes. Estes son os que realmente resultan interesantes, porque non se trata o rural como un espazo idealizado, senón que tratan de lugares concretos con personalidade e historia.
Orixe e evolución
O Festival de Cans, a reivindicar o agro-glamour, as proxeccións en galpóns, os traslados de convidados e asistentes en chimpíns e a implicación xeral dos veciños desta aldea do Porriño foi a iniciativa que abriu a veda en Galicia. Penso que o festival en certo xeito marcou a tendencia ou serviu de referencia á hora de facer este tipo de propostas. No entanto, este novo xeito de se achegar ao contexto non urbano non é exclusivo do noso país. A nivel peninsular hai moitas actividades deste tipo. Encol da causa que pode estar detrás desta tendencia, apunta que pode estar ligado a un certo movemento de xente que volta ao rural. Canda a isto, salienta importancia da difusión vía Internet para o éxito deste tipo de propostas. No rural un problema histórico é de comunicación, e isto fai que moitos proxectos non se coñezan e lles custe saír do seu ámbito máis próximo e medrar. Nos últimos anos hai máis eventos, pero sobre todo, coñécense mellor. Neste sentido, este xornalista ten claro que veremos máis propostas deste tipo.
Oportunidades e problemas
A un nivel máis práctico, a aposta polo rural para a cultura ten vantaxes e problemas. Por unha banda, non é habitual contar neste contorno cunhas infraestruturas axeitadas a determinadas actividades, como poden ser concertos ou proxeccións cinematográficas. En ocasións, este problema de infraestruturas afecta tamén ás propias posibilidades de acceso ou transporte. Álvarez no entanto, considera que esta aparente debilidade pódese transformar nun elemento de identidade. Pódense aproveitar espazos que teñen outro uso ou que están abandonados, como se fai en Cans ao facer proxeccións e actividades en alpendres e baixos. Pola outra banda, a implicación que se pode conseguir por parte dos veciños e habitantes pode permitir unha maior capacidade de supervivencia do evento. A implicación dos veciños pode ser un reto, pero cando se consigue o salto cualitativo é brutal. Se un evento acada importancia abonda no seu contorno inmediato pode resistir mellor dificultades orzamentarias ou doutro tipo que veñan desde o exterior. Debemos pensar que este tipo de actividades poden acadar un peso moi grande no imaxinario colectivo do lugar e facerse socialmente importantes. En Cans o festival comeza a ser visto como unha segunda data de festas en importancia, despois das patronais, e iso fai o evento moi resistente. Deste xeito, cada vez son máis os veciños que celebran comidas na casa a coincidir co evento. Para isto, apunta Álvarez, é imprescindible que estes eventos se constrúan desde o local, que teñan unha ligazón clara co lugar:
Entre os proxectos que manexa Álvarez neste campo está a posta en marcha, de Ruralactual.com, un web que pretende recoller proxectos de cultura contemporánea e creativa neste contexto xeográfico a nivel peninsular. A idea é amosar que se fan moitas cousas interesantes e diversas e conectar a xente que traballa nestes proxectos para compartir ferramentas e información. Entre as propostas de interese que se desenvolven a nivel estatal, apunta algunhas como o festival Las Heras del Tablero, o proxecto Caldo de Cultivo de Lalín, a vencellar agricultura e cultura, ou a Companhia de Teatro da Serra de Montemuro, en Portugal, entre outras. De certo non tardaremos en coñecer moitas máis iniciativas que nos farán ollar o campo con outros ollos.