Os vellos cegos de hoxe

Un feixe de profesionais da música e da escena manteñen vivo repertorio destes artistas ambulantes tradicionais

  • A figura do cego ambulante, a cantar romances polas feiras acompañado da zanfona, semella propia do pasado. Non entanto, unhas poucas persoas apostan por manter vivo este formato da tradición escénica e musical do noso país. Desde hai máis de vi...

O colectivo A Rula localiza un importante conxunto de arte rupestre en Vimianzo

Consta de nove paneis con motivos xeométricos ou circulares

  • "Vimianzo converteuse no concello con máis estacións de arte rupestre de toda a Costa da Morte", explican desde o colectivo A Rula, dedicado á arte rupestre galega. Ese palmarés consolidouse co achado de novas estacións de arte rupestre por part...

Un deseñador turco aposta polo galego no videoxogo Hellkind

A produción, dispoñible na nosa lingua, está ambientada en Santo André de Teixido

  • Un videoxogo de terror ambientado en Santo André de Teixido no que está presente a Compaña ou as meigas. Esta é a proposta de Hellkind , proxecto que desenvolveu o deseñador turco Emir Arkman e que está dispoñible con versión en galego na pla...

Pistacatro obtén o Premio Nacional de Circo 2025

O xurado gabou a compañía como "impulsores dun novo circo galego"

  • A compañía Pistacatro obtivo o Premio Nacional de Circo 2025 pola "súa destacada labor na creación e difusión de propostas circenses dunha enorme presenza escénica, rigor e carisma", explicou o xurado. Entre os fitos de 2024 destacou "a xira de...

A Filmoteca de Galicia recupera 400 horas de vídeo dos anos 80

O fondo foi doado polo produtor coruñés Xosé Xoán Cabanas Cao

  • Na súa dilatada carreira profesional, o produtor coruñés Xosé Xoán Cabanas Cao foi atesourando un gran fondo audiovisual desde varios proxectos, que se plasma nunhas catrocentas horas de material audiovisual fundamentalmente dos anos 80. Ese fon...

A recuperada Bienal de Pontevedra pecha cun balance triunfal

No Museo de Pontevedra preparan xa con máis ambición a edición para 2027

  • Tras 102 días de frenética actividade artística que colocaron á provincia de Pontevedra como centro neurálxico da expresión contemporánea en diversos formatos, o presidente da Deputación Provincial, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domín...

Pontevedra acolle o XXII Encontro Galego de Ilustración

A AGPI presenta obradoiros, unha exposición e conferencias os días 10, 11 e 18 de outubro

  • Unha intervención no escaparate da libraría Seijas abría este 6 de outubro en Pontevedra as actividades o XXII Encontro Galego de Ilustración. O encontro anual da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración concentra as súas actividades n...

Artistas galegos por Palestina na Sala Capitol

Por segundo ano celébrase 'Amal x Gaza' para recadar fondos para a UNRWA

  • Mondra, Monolious DOP, Wöyza e Ruxe Ruxe conforman o cartel da segunda edición de Amal x Gaza- Artistas galegos x Palestina, xunto ao grupo de baile palestino Watani. Todos eles actuarán este xoves, 9 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de Com...

Nelson Yeo resulta gañador do premio internacional do Intersección

O festival de cinema da Coruña fechaba este día 4 a súa última edición

  • O Festival Internacional de Cine da Coruña, Intersección, fechaba portas este sábado 4 de outubro coa entrega dos seus galardóns. O director Nelson Yeo, de Singapur, impúxose co filme Durian, durian na competición internacional pola súa combin...

O Ciclo Poetas Di(n)versos comeza hoxe con Marga Tojo e a ucraína Halyna Kruk

Esta 17ª edición conta con tres citas que reúnen a poesía ucraína, india e arxentina coa galega

  • A 17ª edición do Ciclo de poesía Poetas Di(n)versos da Coruña dará comezo hoxe no auditorio do Centro Ágora cun primeiro recital que reunirá á poeta santiaguesa Marga Tojo coa ucraína Halyna Kruk (Lviv). Comezará con elas un trimestre no qu...

'San Simón' gaña a Calpurnia galega do XXX OUFF

O filme croata 'Sanbag Dam' gaña a Sección Internacional

  • O Auditorio Municipal de Ourense acolleu este sábado a gala de clausura da 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF), conducida por Lucía Rodríguez e Secun de la Rosa. A cerimonia combinou humor, dinamismo e momentos de emoción para recoñece...

Ana Gesto faise co XIX Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas

A creadora compostelá obtivo o premio de 6.500 euros na convocatoria da Deputación da Coruña

  • A artista visual Ana Gesto fíxose neste 6 de outubro co primeiro premio do XIX Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña seleccionou a obra Intervalo 2024 da creadora compostelá. O cer...

Yzquierdo Perrín e a arte medieval galega: dez textos para ler

Repasamos a traxectoria intelectual do catedrático de Arte finado onte en Compostela

  • O historiador da arte Ramón Yzquierdo Perrín faleceu este xoves 2 de outubro en Santiago de Compostela. Yzquierdo foi catedrático de Arte na Universidade da Coruña e profesor na Universidade de Santiago. Este venres ás 12 da mañá celebrarase u...

Xosé Miranda gaña o XXIII Premio de Poesía Afundación

No libro 'As torres abolidas' o lucense fai un traballo poético sobre a nosa mitoloxía

  • O escritor e profesor Xosé Miranda, coa obra 'As torres abolidas', ven de facerse co XXIII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. O xurado considerou que este libro de poemas presen...

Unha mostra didáctica repasa a produción de videoxogos en galego

A Universidade de Vigo pon na rede este proxecto que visitará institutos da provincia de Pontevedra

  • Dar conta dos videoxogos que están dispoñibles na nosa lingua, tanto por se teren elaborado no noso país como por contar con traducións. Esta é a proposta de O videoxogo en galego , exposición que abría as súas portas este 1 de outubro no IES...

A danza contemporánea toma A Estrada co festival 6coreógrafas

Celebra a súa quinta edición venres e sábado con espectáculos e actividade formativas

  • O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas celebrará a súa quinta edición os días 3 e 4 de outubro na Estrada cunha ampla programación de espectáculos e actividades formativas que consolidan o encontro como un referente desta discip...

As axudas a audiolibros reparten 76.400 euros entre 19 títulos

A convocatoria para libros de lectura fácil só distribúe 12.000 euros

  • O Diario Oficial de Galicia deste 30 de setembro publicaba a resolución pola que se distribúen as axudas da Xunta para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil. Dotadas cun total de 150.000 euros, a convocatoria obtivo un importante seg...

O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións

Celébrase mañá 2 de outubro en Santiago de Compostela

  • O foro participativo 'Un país coa súa lingua' presenta as súas conclusións mañá 2 de outubro no Consello da Cultura Galega. Tratarase dunha sesión final "pensada para consolidar unha visión compartida" e "identificar e expresar as reflexións...

Carmen V. Valiña faise co Premio de Narrativa Breve Repsol

A novela 'A illa que supuraba sangue' está premiada con 12.000 euros e a edición con Galaxia

  • A xornalista Carmen V. Valiña fíxose coa XIX edición dos Premios Repsol de Narrativa Breve coa novela presentada baixo o lema 'A illa que supuraba sangue'. Segundo Fran Fernández Davila, voceiro do xurado, a bora "mergúllanos nun xogo de espello...

Recrean o percorrido de Castelao e Delgado Gurriarán no 'tren do desterro'

As xornadas 'Castelao e Valdeorras' inclúen unha conversa entre historiadores durante o traxecto

  • A Fundación Florencio Delgado Gurriarán de Valdeorras organiza esta vindeira fin de semana as xornadas 'Castelao e Valdeorras', nas que a traves de distintas actividades lémbrase os vencellos entre o intelectual e político e Florencio Delgado. Un...