Xosé Miranda gaña o XXIII Premio de Poesía Afundación

No libro 'As torres abolidas' o lucense fai un traballo poético sobre a nosa mitoloxía

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Os membros do xurado, Luís González Tosar, Míriam Ferradáns, Marica Campo, Manuel Filgueiras Fernández e Modesto Fraga Moure na Sede Afundación de Santiago de Compostela, acompañados por Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Pedro Otero, director xerente de Afundación

Os membros do xurado, Luís González Tosar, Míriam Ferradáns, Marica Campo, Manuel Filgueiras Fernández e Modesto Fraga Moure na Sede Afundación de Santiago de Compostela, acompañados por Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e Pedro Otero, director xerente de Afundación

O escritor e profesor Xosé Miranda, coa obra 'As torres abolidas', ven de facerse co XXIII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. O xurado considerou que este libro de poemas presenta "un traballo poético cuxo tratamento da nosa mitoloxía, con lucidez e acerto, o eleva ao nivel das mitoloxías clásicas. O autor, inclinado polas formas clasicistas, nomeadamente recorrendo ao soneto, logra a musicalidade e a altura da palabra, cun emprego habelencioso da ferramenta literaria; a nosa lingua propia. Así mesmo, no caso deste poemario, debemos salientar o tratamento dos ecos histórico-literarios e a vontade de estilo".

Xosé Miranda (Lugo, 1955) conta con libros publicados no eido da poesía, da literatura infantil e xuvenil, da narrativa e mesmo participando en obras colectivas. Ao longo da súa carreira foi distinguido con varios galardóns como o Premio Xerais en 1998 ou o Premio Merlín en 2002. Con anterioridade xa era posuidor do Premio García Barros, no 1990, ou o Modesto R. Figueirido, no 1988. O galardón implica a publicación do libro na colección Arte de trobar e unha dotación económica de 7000 euros.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Miranda, Poesía, Afundación, Xunta de Galicia...

Claves

Protagonistas
Lugares