Recrean o percorrido de Castelao e Delgado Gurriarán no 'tren do desterro'

As xornadas 'Castelao e Valdeorras' inclúen unha conversa entre historiadores durante o traxecto

1/10/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Florencio Delgado Gurriarán de Valdeorras organiza esta vindeira fin de semana as xornadas 'Castelao e Valdeorras', nas que a traves de distintas actividades lémbrase os vencellos entre o intelectual e político e Florencio Delgado. Unha destas actividades será a recreación do percorrido efectuado por ambos en tren cando Castelao sufriu un traslado forzoso de Galicia a Badaxoz en 1934 como funcionario público en represalia polo non posicionamento do Partido Galeguista contra a Revolta de Asturias e foi acompañado en tramos por outros galeguistas, sendo un deles Florencio Delgado Gurriarán no tramo entre Monforte e O Barco de Valdeorras. As persoas asistentes efectuarán ese mesmo percorrido o sábado 4 de outubro, acompañados polos historiadores Ricardo Gurriarán e Uxío-Breogán Diéguez que terán unha conversa no tren sobre ese momento histórico. Ao día seguinte, domingo 5 de outubro, Pilar García Negro ofrecerá a conferencia 'Castelao, obra artística' a coincidir cunha exposición na Sala Abanca do Barco de Valdeorras. A participación é aberta e gratuíta, se ben é precisa inscrición para a actividade no 'tren do desterro'.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán, Barco de Valdeorras...