Valdeorras fecha os actos do Día das Letras coas Xornadas Florenciófilas

A comarca acolle do 18 ao 20 de novembro as xornadas que poñen o ramo ás homenaxes a Delgado Gurriarán

18/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

O proxecto As Letras de Florencio fecha o Ano Florencio Delgado Gurriarán cunha proposta que se desenvolverá do venres 18 ao domingo 20 de novembro na Rúa, Petín, O Barco de Valdeorras e Rubiá. As Xornadas Florenciófilas repasarán, da man dunha ducia de voces, o legado do autor homenaxeado no último Día das Letras Galegas e farán balance das actividades que se desenvolveron ao longo do ano.

Catro mesas temáticas compoñen o programa destas xornadas. Víctor F. Freixanes, Xesús Alonso Montero e o crítico literario Ramón Pena abrirán o programa na Rúa o venres ás 20 horas coa sesión centrada na literatura. O sábado serán Aurora Marco, Telmo González e Camilo de Valdeorras quen protagonicen a mesa dedicada á historia en Petín a partir das 12 da mañá.

Na tarde, o Barco de Valdeorras será acollerá a sesión da lingua, na que participarán Rosario Álvarez, Concepción Álvarez Pousa e Francisco Cobo. A derradeira das sesións celebrarase en Rubiá, cun coloquio no que estarán presentes os creadores Domingo D. Docampo, Raquel Queizás e Ramiro Núñez.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán, Barco de Valdeorras, Día das Letras Galegas...