Artistas galegos por Palestina na Sala Capitol

Por segundo ano celébrase 'Amal x Gaza' para recadar fondos para a UNRWA

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Artistas galegos por Palestina na Sala Capitol

Mondra, Monolious DOP, Wöyza e Ruxe Ruxe conforman o cartel da segunda edición de Amal x Gaza- Artistas galegos x Palestina, xunto ao grupo de baile palestino Watani. Todos eles actuarán este xoves, 9 de outubro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela neste evento solidario organizado desde o festival Amal que leva agora dous anos recollendo fondos para a UNRWA, axencia da ONU encargada de ofrecer asistencia humanitaria á poboación palestina, todos os beneficios das entradas, que custan 15 euros (máis gastos) irán destinados a esta organización. Arestora aínda quedan entradas dispoñibles. Tamén existe unha conta para as persoas interesadas en facer unha doazón directa á UNRWA. Este evento conta coa colaboración da Cátedra USC – Araguaney para o Diálogo entre Culturas e a SGAE.

Que che parece esta nova?
120 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Palestina, Amal, Sala Capitol, Mondra...