Amal celebrarase entre o 21 e o 25 de outubro

O festival de cinema euroárabe trasládase ao Hotel Araguaney

Tal e como anunciaran os organizadores, o festival euroárabe Amal muda o seu formato este ano pola falta de apoios institucionais. Así, será o hotel Araguaney de Compostela o espazo que acolla entre o 21 e o 25 de outubro as proxeccións deste evento no canto do Teatro Principal da cidade. Ademais, o programa tamén sofre variacións e pasará a ser unha escolma de filmes premiados ao longo dos dez anos do evento, canda a cinco producións novas. Mantense, no entanto o certame de curtametraxes Amal Express, para o que xa abriu o prazo de inscricións.