
Jaber MartÃnez sinalou que, desde o seu nacemento, o Festival AMAL quixo ser algo máis ca un festival de cinema, ata chegar a converterse "nunha pantalla que se rebela contra a inxustiza, a vergoña e a barbarie". AsÃ, destacou que, a través do cinema, AMAL quérese converter na voz atronadora que xorde da gorxa dese corpo ferido que é Palestina, "un berro contra o xenocidio que está a cometer Israel, unha e cantas veces faga falla". No seu 23 aniversario, Ghaleb Jaber MartÃnez apuntou que AMAL segue sendo "esperanza, pero tamén memoria, resistencia e denuncia, cunha coidada selección de pelÃculas palestinas que ofrecen unha ollada directa sobre a ocupación, a Nakba, a dor e a dignidade. AMAL é Palestina".
Resumindo a programación, Jaber MartÃnez salientou que se presentan cinco pezas de cine palestino, cada proxección cunha temática diferente. Amal 2025 celebrarase do 20 ao 24 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21) coa exhibición de cinco cintas –catro documentais e unha longametraxe de ficción– que se poderán ver nun pase único por dÃa de luns a venres. A xornada inaugural do luns será ás 20:00 horas, con entrada de balde para a proxección do documental "This is Gaza", cita á que asistirá o documentalista Yousef Hammash, protagonista do documental, e a xornalista Olga RodrÃguez. O martes proxectarase o documental "Janin, Jenin", ás 21:00 horas, sesión á que asistirá o actor palestino Saleh Bakri; o mércores a ficción "The time that remains", ás 21:00 horas, que contará tamén coa asistencia de Saleh Bakri; o xoves o documental "Notes on displacement", ás 21:00 horas, onde participará o presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim; e finalmente, o venres pecharase o festival co documental "The encampments", ás 21:00 horas.