"Ninguén está a salvo" é o lema co que se presenta a vixésima terceira edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, unha cita que usa o audiovisual para tender unha ponte entre dúas culturas tan necesaria como de actualidade estes dÃas. Na presentación do programa de este ano o director de AMAL, o empresario Ghaleb Jaber MartÃnez, mandou unha mensaxe de "solidariedade e apoio ao pobo do meu pai", o pobo palestino, e condenou os asasinatos de vÃtimas civÃs de ambos os bandos.
O lema deste ano e a imaxe sombrÃa de cor negra no que se enmarca renden homenaxe ás persoas falecidas na traxedia do terremoto de Marrocos, que sacudiu o paÃs o pasado 8 de setembro con epicentro na cidade de Ighil e deixando atrás a miles e miles de vÃtimas; do mesmo xeito que sucedeu na cidade libia de Derna, onde a auga arrasou con todo ao seu paso, incluÃdas infinidade de vidas humanas. Como se destaca na carta do director do programa de AMAL, Ghaleb Jaber indicou que "ninguén está a salvo e que todos estamos en perigo, independentemente do lugar de mundo no que nacésemos", enfrontándonos a perigos como o cambio climático, os extremismos ou o capitalismo salvaxe.
A semana de cine celebrarase entre os dÃas 23 e 28 de outubro no Teatro Principal de Santiago (rúa Nova, 21). O festival inaugurarase o luns 23 cunha charla coloquio sobre Palestina na que intervirán Jesús Núñez, patrón da Fundación Araguaney e codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria. AMAL proxectará cinco filmes, catro deles de ficción e un documental que se poderán ver en pase único por dÃa de martes a sábado ás 21:00 horas. A recadación das entradas destinarase, a través de Cruz Roja, aos afectados polo terremoto de Marrocos e as inundacións en Libia. A primera sesión de cine será o martes 24, coa longametraxe de ficción “Conspiración no Cairo”; mércores 25 a pelÃcula "Entre as figueiras"; o xoves será a pelÃcula "The Sage"; o venres 27 proxectarase o documental "Little Palestine, Diary of a Siege"e o sábado 28 a ficción "O caftán azul". Segundo o director do festival "É unha selección de pelÃculas que mesturan diferentes xéneros e diferentes olladas dos creadores do mundo árabe, reflectindo a diversidade dun pobo e as súas moitas culturas".