Increméntase a participación no festival de cine Euroárabe

Amal terá lugar en Santiago entre o 23 e 30 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É o festival de cine Euroárabe por excelencia de Galicia e suma adeptos cada ano. A Fundación Araguaney acaba de informar que pechou o prazo de inscrición da oitava edición cun incremento do 40% no número de filmes inscritos. En total recibíronse películas de 51 países de todo o mundo, con especial atención aos países árabes, aos que lle seguen Francia, España e Reino Unido. Como novidades en canto a xénero, recibíronse tantas películas de ficción como documentais e, en canto a formato, incremoutose o número de curtametraxes recibidas. Tal e como figura na nota de prensa remitida pola entidade, “as obras seleccionadas para a VIII edición de Amal serán proxectadas nas sedes do Festival”, mentres que e as curtametraxes poderán verse a través da web.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Amal, Xénero, Documentais...

Claves

Entidades