Os filmes do Festival Amal esténdense a todo o ano a través dun ciclo gratuito

Amal pon a disposición de institución e outras entidades películas para programar

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Nin a disculpa do horario nin da crise. O festival Amal quere combater tópicos con As lúas de Amal un ciclo de cinema de temática árabe que será gratuíto e terá lugar todos os luns ás 22:00 horas no Salón de actos do Hotel Meliá Araguaney. Deste xeito o festival de Cine Amal sae fóra do que é a súa semana oficial en outubro e esténdese ao resto do ano. O ciclo inclúe outra novidade, xa que serán os espectadores os que poderán escoller o título a través da rede. Ademais desta iniciativa, o director do festival, Ghaleb Jaber Martínez, anunciou o proxecto As mostras de Amal co que pon a disposición de xestores e programadores culturais un catálogo de películas (longametraxes, curtametraxes, documentais....) cos que organizar ciclos de cinema árabe. Todos os títulos poderanse consultar en Internet e poderanse exhibir de xeito gratuito sempre e cando sexa con fins non lucrativos.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Historias por todas as vías

Historias por todas as vías

Amal ten un catálogo gratuito duns catrocentos filmes sobre temática árabe listos para programar

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Cine, Documentais, Internet

Claves

Entidades