A Fundación Araguaney achegará o máis recente da produción árabe nunha nova edición do seu festival de cine

Amal 2006

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Aínda non está o programa definitivo, pero a Fundación Araguaney acaba de facer pública unha nota de prensa sobre a nova edición do festival de cine árabe Amal 2006. Será do 20 ao 26 de outubro e contará con 35 películas entre documentais, curtametraxes e longametraxes, pero só 27 competirán na sección oficial. A aula de cultura Caixa Galicia e o Teatro Principal serán os escenarios das proxeccións duns traballos que volverán achegar o mundo árabe. As longametraxes "Maria e Assou" de Silvia Quer, "Listener Choice" de Mohamed Al Ahmed e "Dreamy Visions" de Waha Al-Raheb son algunhas das producións que xa están confirmadas.

Máis información no web de Amal 2006

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Amal, Cine, Documentais, Teatro...

Claves

Entidades