Un deseñador turco aposta polo galego no videoxogo Hellkind

A produción, dispoñible na nosa lingua, está ambientada en Santo André de Teixido

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Detalle do videoxogo Hellkind. Fonte: Steam

Detalle do videoxogo Hellkind. Fonte: Steam

Un videoxogo de terror ambientado en Santo André de Teixido no que está presente a Compaña ou as meigas. Esta é a proposta de Hellkind, proxecto que desenvolveu o deseñador turco Emir Arkman e que está dispoñible con versión en galego na plataforma Steam.

O videoxogo convida a explorar un hipotético Santo André para evitar un ritual que pode invocar un grande mal ao mundo. Puzzles e desafíos combínanse cunha estética austera que xoga cos erros para crear unha ambientación que produza inquedanza.

Afincado no Reino Unido, o creador do proxecto coñeceu os mitos do noso país a través da produción de animación O Apóstolo e contou coa colaboración de Ana Aboal Beloso, profesional galega con experiencia en varias compañías de videoxogos, para evitar erros lingüísticos e de ambientación.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Apóstolo, Medios de comunicación, Reino Unido