Quiosco: Anuario de Estudios Mindonienses número 38

Recolle traballos sobre Britonia, Santo André de Teixido ou o mosteiro de san Martiño de Xuvia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Anuario de Estudios Mindonienses número 38

O número 38 (2025) do Anuario de Estudos Mindonienses recolle trece artigos que afondan na historia e na arte relixiosa vinculada á Diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao seu contorno cultural. A publicación, editada polo Cabido mindoniense, continúa a ser unha referencia para o estudo do patrimonio eclesiástico galego, desde a Alta Idade Media ata o século XX. Entre os artigos, o volume ábrese cun estudo de Manuel Carriedo Tejedo sobre "Los títulos dumiense, britonense y mindonienses (ss. VI-XII)", que revisa a evolución histórica das denominacións episcopais no noroeste peninsular. Margarita Sánchez Yáñez analiza a "Construcción de la iglesia de San Julián" e Sergio Muíño e María Elvira Lezcano elaboran un artigo sobre "Santo André de Teixido: converxencia entre identidade cultural e futuro compartido" ou "Influencia de la Orden de Cluny en la decoración escultórica de San Martiño de Xuvia", asinado por Antonio Aguayo Cobo e María Dolores Corral Fernández. O número pódese descargar de balde na rede.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Alta Idade Media, Identidade, Mondoñedo...