Quiosco: Estudios Mindonienses 37

É o segundo da colección que se publica en homenaxe ao teólogo Segundo Leonardo Pérez López

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoHistoria
Compartir:
Quiosco: Estudios Mindonienses 37

Ven de darse a coñecer o número 37, correspondente a 2024 do Anuario de estudios histórico-teolóxicos da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, 'Estudios Mindonienses'. Este volume é o segundo da colección que se dedica en homenaxe ao teólogo Segundo Leonardo Pérez López, quen foi presidente da Real y Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo, que forma parte do consello asesor-científico do anuario. Vinte e dous artigos conforman este número da publicación. Entre eles está o artigo de José Ramón López Vázquez 'O Calixtino e Galicia' ou o que asina Ramón Yzquierdo Peiró 'Las dos esculturas jacobeas de la Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago y otros hallazgos relacionados con el Museo Arqueológico Central de Galicia', entre outros.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Yzquierdo Peiró, Ramón Yzquierdo, Mondoñedo