O Anuario de estudios histórico-teolóxicos da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Estudios Mindonienses presenta neste mes de outubro o seu número 34, un monográfico que homenaxea os 800 anos da Catedral de Mondoñedo. O volume, que inclúe por vez primeira na historia da publicación páxinas a cor, compila as doce conferencias que se impartiron no marco dos actos desta conmemoración en outubro de 2019.
"Relecturas da pintura mural e do tesouro medieval das catedrais da sé de Mondoñedo" a cargo de Manuel Antonio Castiñeiras, un repaso pola diocese na Idade Media da man de José Miguel Andrade Cernadas, unha compilación dos datos que existen sobre a Ecclesia Britoniensis realizada por Segundo Pérez López ou un repaso sobre as pinturas murais das dúas catedrais do bispado executado por Blanca Besteiro García son algúns dos contidos que fan parte desta entrega. A presentación oficial do volume desenvolverase este 19 de outubro no acto da festa da Dedicación da Catedral de Mondoñedo.
O lanzamento prodúcese poucas semanas despois da presentación do volume 33 da publicación, que corresponde ao bienio 2018-2019. Nos seus contidos, esta entrega recolle estudos como o que realizou Margarita Sánchez Yáñez sobre a "Historia de San Sadurniño: séculos XVIII e XIX", ou o que asina Pedro J. González arredor do cadro "La virgen y el niño con santos" conservado no Santo Hospital da Caridade de Ferrol e atribuído a Pedro A. Bocanegra.
A "contravertida orixa da Coruña", da man de José Agra Bernadal, un repaso á capela tardogótica dos Remedios de Anca, da man de Manuel Antonio García Lamas ou unha achega sobre "Memoria familiar e documentación medieval dos señores de Valladares a partir dun breve informe xenealóxico do século XVII: edición e estudo aproximativo" a cargo de Miguel García Fernández son outros contidos presentes no volume.