Pelerinaxes: un roteiro na procura dunha paisaxe transformada

O CCG publica un especial que recrea a viaxe da xeración Nós a Santo André de Teixido

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Pelerinaxes: un roteiro na procura dunha paisaxe transformada

En xullo de 1927 Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey iniciaron unha viaxe a pé cara Santo André de Teixido, o mítico santuario da costa cedeirense que, á altura da década dos anos 20, e segundo sinalaba o propio Risco, era ben descoñecido na cidade das Burgas. Durante a viaxe, Risco realizaba rápidas ilustracións, Ben-Cho-Shey tomaba fotografías (hoxe perdidas) e Ramón Otero Pedrayo escribiu un dos textos máis brillantes da literatura de viaxes en galego. Para conmemorar esta viaxe, o CCG decidiu crear un especial web no que se percorre o camiño seguido polos peregrinos a partir destas crónicas. O traballo presta especial atención ás transformacións e permanencias destas comarcas do interior do país, botando man de vóos de drone, modelos dixitais do terreo e fotografías que permiten comparar a ollada de Risco sobre o patrimonio cultural, a súa realidade pero tamén o seu cambio. Cada día se publica unha nova etapa.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Otero Pedrayo, Paisaxe, Xeración Nós, Vicente Risco...