#ocamiñodenós: unha andaina da Xeración Nós en tempo real

Durante catro días, as redes sociais do CCG recrean unha viaxe de 1926

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
#ocamiñodenós: unha andaina da Xeración Nós en tempo real

Desde hoxe ás cinco da mañá, un grupo de ourensáns entre os que se atopan Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo está a camiñar en dirección a Santiago de Compostela, tendo como guía o vello mapa de Domingo Fontán. Cando menos fanno virtualmente, nas redes sociais. Esta é a nova proposta para homenaxear á Xeración Nós durante o ano no que se celebra o centenario da súa emblemática Revista. Entre o 8 e o 12 de xullo de 1926, un grupo de galeguistas percorreron os vellos camiños do país para peregrinar a Santiago de Compostela polo Ano Santo. Da viaxe ficaron as crónicas publicadas polo óptico e activista cultura Xavier Pardo Bedía en A Nosa Terra. Foi a partir deste traballo e da edición realizada por Afonso Vázquez-Monxardín que o Consello da Cultura Galega preparou esta nova versión da viaxe, recreada agora en tempo real, durante os días e as horas orixinais, no twitter e o facebook da institución. Pódese seguir entre hoxe e o día 12 de xullo a través do hashtag #ocamiñodenós.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeración Nós, Santiago de Compostela, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo...