Nos anos sesenta, Ramón Otero Pedrayo agasallou ao escritor Silvio Santiago, destacado membro da comunidade galega en Caracas (Venezuela) cun itinerario manuscrito para coñecer Galicia e a súa cultura durante unha semana de viaxe polo territorio. Pedrayo e Silvio Santiago se coñeceran nas viaxes americanas na década anterior e iniciaran unha cordial amizade. "Os quixotes da Terra van de camiño" son sete roteiros que exploran o territorio galego baixo a lectura de sete destacadas figuras das súas letras ou da súa historia, desde Nicomedes Pastor DÃaz ata Pondal, pasando por Castelao, RosalÃa ou mesmo Pedro Madruga. En cada unha destas páxinas, Ramón Otero Pedrayo debuxou os camiños de Galicia, apretou todas as paradas e propón actividades, visitas, pero tamén apuntamentos gastronómicos. O máis sorprendente é pensar como, na década dos sesenta, os viaxeiros poderÃan resistir xornadas tan intensas, en quilómetros e en visitas, como as que propón o polÃgrafo ourensán. Afonso Vázquez-MonxardÃn é o editor destes roteiros que, cada sábado, o CCG irá distribuÃndo no web, e que son parte do especial Nós co cal a entidade conmemora o centenario da publicación da emblemática revista que definiu unha das xeracións fundamentais da historia de Galicia. Cada un dos orixinais manuscritos de Ramón Otero Pedrayo publÃcase cunha versión multimedia que permite recrearse na viaxe proposta a partir das numerosas referencias paisaxÃsticas e literarias que incorporan.