Un hashtag para Castelao

O CCG inicia unha campaña nas redes para difundir o "Sempre en Galiza"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Un hashtag para Castelao

culturagalega.org e consellodacultura.org, as plataformas en Internet do Consello da Cultura Galega, inician unha campaña nas redes sociais para dar a coñecer unha das obras máis senlleiras de Castelao e a que, sen dúbida, sintetiza mellor o seu pensamento político: Sempre en Galiza. A campaña conmemora o 70º aniversario da edición do libro e a súa presentación no Prince George Hall de Bos Aires, en xullo de 1944. Todos os días, ata xullo, as contas de Twitter de culturagalega.org (@culturagalega) e Consello da Cultura Galega (@consellocultura), así como as páxinas de Facebook, publicarán a primeira hora da mañá unha cita do libro, difundindo así o pensamento de Castelao a case 15.000 usuarios de medios sociais vinculados ás platafomas do CCG. Tamén convidamos a todos os usuarios de Internet a contribuíren con outras frases e reflexións sobre o papel de Castelao e a súa obra no hashtag #sempreengz.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Culturagalega, Sempre en Galiza, Internet...