Estrea de 'As Desterradas' de Carme Varela

Quico Cadaval dirixe a nova montaxe que comeza xira esta semana en Santiago

  • O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle este xoves a estrea da montaxe 'As desterradas', novo espectáculo da compañía Producións Teatrais Excéntricas. Quico cadaval dirixe esta obra sobre un texto de Carme Varela que conta como no s...

O CDG estrea a fabula obreira 'A burra, a mesa o pau' de Lorena Conde

A nova produción propia da compañía pública ofrece unha montaxe de gran formato que busca atraer público de toda Galicia

  • A nova montaxe do Centro Dramático Galego, 'A burra, a mesa e o pau', estréase este xoves na súa sede do Salón Teatro en Santiago de Compostela, onde permanecerá en cartel ata o vindeiro 20 de abril. A compañía pública galega abre con esta mo...

Emilio Araúxo: Leccións do Entroido

O investigador fala con nós sobre os significados profundos, os conflitos e a evolución da festa tradicional

  • Corenta anos de investigación e unha ducia de libros publicados fan de Emilio Araúxo un dos especialistas máis destacados no Entroido do país. A súa vontade divulgativa arredor desta celebración amósase no esforzo que fai nas súas obras por l...

O festival O Son do Camiño foi o fito cultural de 2024

Así se recolle dunha enquisa a responsables de entidades culturais galegas que sinala o máis destacado do ano

  • O festival O Son do Camiño (12,7%), Manuel Rivas (5,7%), o Culturgal (4,7%), Fillas de Cassandra (4,2%) e a celebración do Día das Letras Galegas (4,1%) son os principais eventos, accións culturais, persoas ou entidades máis destacadas no ámbit...

O facsímile a novela Unos años de emigración en Buenos Aires publícase en libre descarga

O volume de Luis Sánchez Abal súmase á colección Clásicos da Emigración do Consello da Cultura Galega

  • "La ciudad, apacible y antañona, no era campo propicio a las pretensiones de Aurelio Monterrey, joven instruído, ambicioso e inquieto, que leyera mucho y viajara poco". Deste xeito comeza a novela Unos años de emigración en Buenos Aires , que pub...

Preto de corenta proxectos musicais galegos aspiran aos Premios MIN

Abriuse o prazo de votación do Premio do Público e os demais galardóns decidiranse por xurados

  • A 17ª edición dos Premios MIN da música independente organizados por UFi (Unión Fonográfica Independiente), ven de dar o pistoletazo de saída facendo pública a lista completa de candidatos ás súas 21 categorías e abrindo o período de votac...

A Xunta declarará Ben de Interese Cultural o convento do Bon Xesús de Trandeiras

Abre un prazo de 24 meses para completar o expediente sobre este monumento da Limia

  • O Diario Oficial de Galicia deste 19 de febreiro recolle a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o Convento do Bon Xesús da Limia, situado en Trandeiras, Xinzo de Limia. Os restos deste cenobio franciscano, construído no s...

Denuncian a desaparición de importantes pezas románicas do mosteiro de san Salvador de Chantada

O historiador Xosé Méndez puido acceder ao recinto despois de trinta anos

  • O historiador Xosé Méndez denuncia o espolio do antigo convento de San Salvador de Chantada, un edificio histórico fundado no século XVI e hoxe en estado de abandono. Durante décadas, o acceso ao seu interior estivo restrinxido, mais agora Ménd...

O Arquivo da catedral de Santiago abre acceso ao fondo fotográfico de José Limia

Comprende unha colección de 193 fotografías de entre 1894 e 1910

  • José Limia Rodríguez era sacerdote e afeccionado á fotografía. Pola súa conta en moitos casos e pode que por encarga do cóengo Antonio López Ferreiro noutros, Limia fotografiou paisaxes e localidades próximas á sede compostelá, pero tamén ...

A renovación do web da deputación de Ourense permite acceder ás súas publicacións

A nova páxina facilita o acceso e a compra das obras e tamén inclúe un lector do BOP.

  • A Deputación de Ourense ven de presentar unha profunda actualización da súa páxina web institucional proporcionando novos recursos de acceso aos seus contidos. Por unha banda, a mellora permite o acceso ao catálogo do Servizo de Publicacións pr...

A recuperada bienal e a arte contemporánea protagonizan a programación do Museo de Pontevedra

Tamén seguirá a traballarse na recuperación de figuras como Castelao e iniciativas culturais da historia recente

  • Na programación do Museo de Pontevedra para o ano 2025 destaca a volta da Bienal coa súa 32ª edición, que será o eixo da proposta expositiva este verán, e que se completará con mostras na primavera e no outono. Entre elas, destacan a dedicada ...

O CCG redixitaliza o único documento coa voz de Castelao

Foi gravado en Bos Aires en 1941

  • O único documento sonoro coñecido ata o momento coa voz de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao ten unha rechamante historia. Foi gravado en formato de 'fonopostal' en Bos Aires en 1941 e remitido a Montevideo, onde se ía estrear a obra teatral de C...

Sete festivais galegos na recta final dos Iberian Festival Awards

Tamén optan a premio fotógrafos destes eventos e dúas festas non estritamente musicais

  • O pasado 17 de xaneiro pechouse o prazo de votacións populares para as diferentes categorías abertas nos Iberian Festival Awards. Os principais galardóns dos eventos de música ao vivo da Península veñen de presentar xa as listas de finalistas, ...

Un total de 21 propostas compiten como finalistas polos premios Youtubeiras+

O fallo dos galardóns coñecerase o vindeiro 1 de febreiro

  • Xa se poden ver en liña as vinte e unha propostas que aspiran a se facer cos premios Youtubeiras+ na súa octava edición. O web do certame acolle os vídeos e canles que optan a se facer co galardón dunha das sete categorías a concurso, a incluí...

A RAG publica o volume coas achegas da IX Xornada de Onomástica

Os nomes propios que non son de persoa nin de lugares protagonizaron o encontro

  • O Museo de Pontevedra acollía o pasado 19 de outubro a IX Xornada de Onomástica Galega. O encontro dedicouse nesta última xeira a "os outros nomes", aqueles propios que non se aplican nin a persoas nin a lugares. Agora a Real Academia Galega publi...

O arquitecto Mauro Lomba reabre o espazo Nemonon nunha nova localización

O proxecto recupera esta iniciativa cultural pontevedresa

  • O arquitecto Mauro Lomba reabriu na praza de Ferrería o seu espazo cultural Nemonon, un singular proxecto de converxencia entre a súa actividade profesional, a cultura local e a economía da arte. No ano 2022 Lomba pechara a anterior ubicación, no...

Un foro participativo buscará impulsar accións a favor do idioma desde a sociedade civil

O Consello da Cultura presenta un informe que retrata a o baixo uso e coñecemento do galego entre a mocidade en comparación coas outras comunidades bilingües

  • "Foro participativo: un país coa súa lingua" é o título do proceso que reunirá seis mesas sectoriais abertas ao público nos vindeiros meses, co obxectivo de ofrecer medidas concretas, operativas e de posta en marcha inmediata na sociedade civil...

As candidaturas aos XXIII Premios Mestre Mateo baten os máximos anteriores

Os galardóns do audiovisual entran agora en período de votación polos membros da Academia Galega

  • A Academia Galega do Audiovisual ven de abrir o período de votacións para escoller aos finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo. As académicas e académicos poderán votar nesta primeira volta entre as candidaturas inscritas para a vixésimo terc...

2024 desde o miradoiro (I)

Jaime Pena, Patricia Hermida e Lucía Santiago analizan o ano desde o audiovisual, a música e o patrimonio cultural

  • Comezamos o noso Miradoiro anual coas nosas olladas de expertos de diferentes sectores ao redor do que nos deparou o ano 2024. Na entrega de hoxe, escriben Jaime Pena, director da Filmoteca de Galicia, que nos falará sobre o audiovisual, Patricia He...

O WOS Festival volverá o vindeiro setembro

Desde a organización confirman unha nova edición en Santiago

  • Tras da cancelación anunciada en xullo da edición de 2024 e con todas as dúbidas sobre a súa continuidade, desde a organización do WOS Festival veñen de aproveitar a felicitación do aninovo para avanzar unha boa nova. Segundo eles o vindeiro s...