Sete festivais galegos na recta final dos Iberian Festival Awards

Tamén optan a premio fotógrafos destes eventos e dúas festas non estritamente musicais

O pasado 17 de xaneiro pechouse o prazo de votacións populares para as diferentes categorías abertas nos Iberian Festival Awards. Os principais galardóns dos eventos de música ao vivo da Península veñen de presentar xa as listas de finalistas, 10 por categoría, dos que sairán os vencedores. Festivais e festas de Galicia preséntase cada ano e habitualmente algún deste galardóns recoñece a excelencia da nosa industria musical e os seus profesionais. Sete festivais e dous eventos da nosa terra mantéñense arestora como finalistas evarias das categorías, tanto nas elixidas polo público como aquelas que dependen dun xurado. De entre as propostas galegas a que máis postos finalistas acada é o Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que grazas ás votacións do xurado aínda pode aspirar a catro premios. O vindeiro 15 de marzo, nunha gala a celebrar en Almancil, (Portugal) coñeceranse os gañadores.

Mellor promoción turística; Mellor Programa Cultural; Mellor acollida e recepción e Mellor contribución á igualdade son os premios aos que aspira o festival Sinsal da Illa de San Simón. Pola súa banda a edición de 2024 de O Son do Camiño é unha das dez finalistas a levar o premio ao Mellor Festival de gran tamaño e a actuación que tivo a banda americana Green day neste festival aspira ao galardón a Mellor Concerto de artista Internacional. O Portamérica ten tamén varias opcións aínda, Unha delas pola Mellor Actuación de música electrónica, que ademais é a dunha formación galega, Galician Army; O festivald e Portas está tamén entre aqueles que poden ser recoñecidos polo seu emplazamento, grazas á azucareira de Portas, onde se leva a cabo. Finalmente a empresa promotora do Portamérica, Esmerarte, tamén ten un posto finalista grazas á súa cobertura en vído do evento, de produción propia.


O posible palmarés galego, polo de agora finalistas con posibilidades, o completan os festival Revenidas e SonRías Baixas, na categoría de festival de medio tamaño; o Underfest Xacobreo, de Vigo, con posibilidades de acadar o premio A Mellor Festival de Recinto cuberto; e o 17º Ribeira Sacra, que é finalista a o galardón polo Contribución á sostibilidade, segundo a decisión do xurado profesional. Ademais deles, os Iberina Festival Awards tamén recoñecnen nunha das súas categorías os importantes traballos dos fotógrafos de eventos, neste caso a calidade daqueles que cobren os nosos festivais queda calaro ao acadar ata catro finalistas: Adrián Cunha (Pixelin Photo), polo Underfest Xacobeo; Christian Pérez, polo Revenidas; Alan Pérez, polo traballo realizado no Ouren Sound Fest; Xoán Tourís, no Revenidas e a equipa de Javier Bragado e Daniel Cruz, polo traballo no Resurrection Fest. Mçais alá de festivais musicais os Iberian recoñecen outros tipos de eventos e neste caso son o Asalto ao Castelo de Vimianzo e a Festa do Marisco de O Grove ios dous finalistas galegos no premio a Mellor festividade.

Desde a Asociación Galega de Empreseas Musicais (AGEM) reciben estas candidaturas con satisfacción sinalando o "momento excepcional para os festivais de música na nosa terra" que esto representa como mostra da "calidade, diversidade e profesionalidade dos eventos que se celebran aquí" e que "non pasan desapercibidos" AGEM afrima que este recoñecemento "reflicte o esforzo, a creatividade e o talento que fan de Galicia un referente no panorama musical ibérico".