Se fai uns dÃas eran os galardóns europeos dos festivais os que abrÃan prazo de votación popular e eran seis os festivais galegos que formaban parte da fase inicial de votacións agora ven de iniciarse a rolda de votacións para os Iberian Festival Awards, que recoñeceran aos mellores destes eventos que se celebran nos territorios da penÃnsula ibérica indistintamente. Nove eventos musicais e dous non musicais dos que se fan en Galicia están nas listas iniciais de partida, pendentes de votación popular en nove categorÃas ou da decisión dun xurado en outras sete máis profesionais. Resurrection Fest, Portamérica e O Son do Camiño encabezan as candidaturas galegas optando a 10 galardóns cada un deles. Séguenlles SInsal Son Estrella Galicia, con 8, e SonRÃas Baixas con 7 candidaturas, WOS FestivalxS SON Estrella Galicia con 5, o FIV de Vilalba con 4 de Atlantic Pride da Coruña e Caudal Fest con dúas candidaturas cada un. Ademais dos festivais musicais tamén outros dous eventos culturais galegos, o festival audiovisual CurtocircuÃto de Santiago e o Eidos Fest, compiten na categorÃa dedicada a festivais non musicais. As votacións populares están abertas ata o vindeiro 7 de xaneiro na web dos premios. Os galardóns dos Iberian festival Awards entregáronse o pasado ano en Vigo e nesta quinta edición a gala terá lugar en Lisboa.