Malia a avalancha de centos de festivais que se producen anualmente na penÃnsula ibérica nove eventos que se fan en Galicia veñen de acadar un posto entre os dez finalistas en 19 das 24 categorÃas dos Iberian FestIVAL Awards 2020, os galardóns que recoñecen as excelencias no sector de xeito indistinto entre España e Portugal. Os votos do público a través dunha plataforma web colocaron aos eventos galegos en 13 desas listas finalistas mentres que foi un xurado profesional o que tomou a decisión nas outras seis. Seis destes festivais finalistas están adheridos á marca Fest Galicia. Destacan con seis posicións as edicións de 2019 dos grandes festivais O son do Camiño, de Santiago, e Resurrectión fest, de Viveiro. O Portamérica de Caldas de Reis entra entre os dez mellores peninsulares en 5 categorÃas, mentres que os máis modestos pero singulares Sinsal Son Estrella Galicia (Illa de San Simón) e WOS Festival x SON Estrella Galicia (Santiago) entran nas listas de dez mellores da penÃnsula en 4 e 3 categorÃas respectivamente. No caso do Sinsal Son tres delas elexidas polos xurado profesional. A primeira edición do Atlantic Pride da Coruña entre directamente na lista finalista entre os dez festivais de nova creación de España e Portugal. SonRÃas Baixas de Bueu, 17 Ribeira Sacra e FIV de Vilalba completan a presencia de festivais galegos nos dez destaques de varias categorÃas.
As listas de seleccionados de entre as candidaturas presentadas do 2019 inclúe tamén outro tipo de eventos, non estritamente festivais musicais, susceptibles de ser recoñecidos, como é o caso dos relacionados con festas e festividades locais, no que o Festival do Queixo de Arzúa acada tamén unha posición entre os dez finalistas, ou a de Mellores Festivais non musicais, onde dúas das dez propostas máis votadas foron o festival audiovisual CurtocircuÃto, de Santiago, e o Eidos Fest, do Courel, este último premiado recentemente tamén no Culturgal. O resultado final desta quinta edición dos premios organizados por Talkfest - International Music Festivals Forum coñecerase o vindeiro 14 de marzao nunha gala que se celebrará en Lisboa.