Dez festivais galegos conseguiron este ano situarse entre os dez mellores dos celebrados na penÃnsula ibérica no 2022 en ata 17 categorÃas a premiar por parte dos Iberian Fest Awards, o certame que recoñece a excelencia profesional deste sector a través da valoración de ata 19 categorÃas. As listas cos 10 seleccionados como finalistas en cada categorÃa, xa sexa polos votos do público ou pola selección dun xurado veñen de facerse públicas.O festival O Son do Camiño, celebrado no Monte do Gozo en Santiago é o que máis presenza acada neste momento do certame, con ata sete candidaturas, por detrás o Festival Sinsal Son Estrella Galicia, da Illa de San Simón, acada ata cinco postos finalistas. O WOS Festival x SON Estrella Galicia con catro candidaturas e o SonRÃas Baixas con 3 tamén destacan na lista galega, que se completa co Atlantic Pride (2), Underfest Son Estrella Galicia (2), 17º Ribeira Sacra (1), Portamérica (1), RÃo Verbena (1) e Latitudes (1). Entre estes finalistas están as actuación de Xoel López en Portamérica e a das Tanxugueiras no SonRÃas baixas , que optan ao premio a mellores concertos de artistas peninsulares deste ano en festivais. O 15 de febreiro faránse públicos os tres candidatos con posibilidades de vencer en cada un dos 19 premios e o vindeiro 11 de marzo coñeceranse os gañadores nunha gala a celebrar na localidades portuguesa de Maia.