O Resurrection Fest é finalista en 8 categorías dos Premios Fest

As votacións públicas están abertas ata o 15 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

67 festivais de todo o Estado optan aos galardóns que outorgan os Premios FEST, unha iniciativa de Bythefest en colaboración coa Asociación de Promotores Musicais, Radio 3 e a Unión Fonográfica Independente. Varios festivais e grupos galegos figuran nas categorías finalistas, que se enfrontan agora á fase de votación do público. O Resurrection Fest de Viveiro é un dos festivais con máis candidaturas, oito, en categorías como Mellor Festival de Gran Formato, Mellor Produción ou Mellor Campaña de comunicación. Outros festivais galegos con candidaturas son o PortAmérica, o Live for Madness Metal Fest e o Festival Osa do Mar (é o seu primeiro ano de celebración). Desta fase de votación do público, que remata o 15 de xaneiro, sairán os dous festivais finalistas en cada categoría. Un xurado profesional tomará a decisión final.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Resurrection Fest, Portamérica, Viveiro

Claves

Lugares