Seis festivais de Galicia son candidatos á ser premiados na segunda edición dos premios Iberian Festival Awards que recoñecen os festivais de música de España e Portugal celebrados no presente ano. O festival Sinsal é o que acumula nominacións en máis categorÃas, ata oito, seguido do Resurrection Fest con 6 candidaturas. O Live for Madness Metal Fest, de Ourense, WOS Festival de Santiago, Atlantic Fest e PortAmérica tamén están presentes nas candidaturas a algunhas das dezaseis categorÃas. Os seis festivais competirán entre si polo premio á mellor Propoción TurÃstica, na que están os seis. O Resurrection Fest, que este ano xa gañou como Mellor Festival de Gran Formato nos Premios Fest repite nesa categorÃa de novo nestes outros galardóns. Ademais a actuación de Iron Maiden en Viveiro tamén opta a un premio.
Caben destacar tamén as tres nominacións que teñen as marcas asociadas ao PortAmérica dentro da categorÃa de Mellor Activación de Marca polo resultado da colaboración co festival de Estrella Galicia, Abanca e Ron Barceló. Nesta categorÃa tamén se recoñece nas candidaturas o traballo de New Balance no Sinsal. O festival da Illa de San Simón tamén está presente na categorÃa de Mellor Programación Cultural, aquela que complementa a propiamente musical, na que compite entre outros co WOS Festival de Santiago. Entre as candidaturas á mellor actuación de artistas da penÃnsula hai tamén sitio para o concerto que deu Triángulo de Amor Bizarro no festival Noroeste, da Coruña, e para o de Xoel López no festival Deleste. Estes galardóns, que se decidirán segundo as categorÃas por votación popular e xurado ou só por xurado, entregaranse nunha gala a celebrar o vindeiro 16 de marzo en Barcelona como parte do Talkfest- International Music Festivals Forum.