Resurrectión Fest e Sinsal premiados nos Iberian Festival Awards

A comunicación do evento de Viveiro e a actuación de Iron Maiden foron as mellores de 2016 en toda a península

| Santiago. S. Montes | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Resurrectión Fest e Sinsal premiados nos Iberian Festival Awards

O Resurrection Fest de Viveiro e o Sinsal da Illa de San Simón saíron onte con galardóns da segunda edición dos premios Iberian Festival Awards que recoñecen os festivais de música de España e Portugal celebrados no presente ano. A competición, que ten uns galardóns decididos por un xurado e outros directamente polo público fallouse onte en Barcelona. Para as seis propostas galegas o resultado foi de dous galardóns de nivel peninsular para Resurrection e un peninsular e outro de ámbito español para o Sinsal. A actividade de comunicación feitas desde a organización do Resurrection Fest foi para os membros do xurado a mellor exercida desde un destes eventos en toda a península no 2016. Ademais para o público a actuación estrela dese ano, Iron Maiden, foi a mellor actuación internacional da península nun festival. O Sinsal do 2016 conseguiu que o xurado recoñecese o seu programa cultural como a mellor das propostas de España e a súa capacidade de activación de marca, na relación entre patrocinadores e festivais tamén resultou vencedora no ámbito peninsular desde a perspectiva do xurado especializado.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Viveiro, Resurrection Fest, Illa de San Simón...