A décima edición dos Iberian festival Awards, galardóns que premian a excelencia dos festivais musicais da península ibérica, xa ten finalistas. A organización deu a coñecer as listas curtas dos 10 nomes seleccionados, xa for por xurado profesional, xa for por votación popular, para cada unha das vintecinco categorías que contemplan. Desde a industria galega de festivais a representación deixa clara a cada vez maior visibilidade e recoñecemento que van acadando as propostas do país. Ata quince destas categorías inclúen presenza da escena musical galega do pasado ano e, nalgúns casos, esta supón ata tres ou catro dos dez finalistas.
Dez festivais celebrados o pasado ano en Galicia e unha festa, non unicamente musical conforman a represetación galega neste X Iberian Festival Awards, cuxos galardoados finais daranse a coñecer o vindeiro 14 de marzo nunha gala a celebrar en Azores. De entre as citas galegas do 2025, a que máis veces aparece é o festival SonRías Baixas de Bueu, que acumula catro candidaturas, unha delas non directamente senón polo traballo feito durante a súa celebración polo fotógrafo Javier Bragado. Outros tres festivais de 2025 que seguen como os máis presentes nestes finalistas son O Son do Camiño, o 17º Ribeira Sacra e o Sinsal SON Estrella Galicia. Os tres con catro candidaturas cada un.
Completan a lista outras das citas habituais do país, algunhas delas que xa recibiron premios en pasadas edicións do certame, como o 07 WOS Festival x SON Estrella Galicia; o Underfest Xacobeo, de Vigo; Renidas, de Vilaxoán; Atlantic Pride; Bigsound Pontevedra e FIV de Vilalba. Completa o listado o Festivado marisco do Gove, entre as festividades non estritamente musicais. Cabe destacar a gran presenza dos festivais galegos en dúas das categorías moi relacionadas co turismo. Na propia de Mellor Promoción Turística son tres de entre as dez finalistas as que nos representan: 17º Ribeira Sacra, Festival Sinsal SON Estrella Galicia e SonRías Baixas. Mentres que na categoría de Mellor Acollemento e Recepción, decidida por un xurado e que avalía a capacidade das organizacións de recibir e tratar tanto a artistas como a público, son catro as finalistas galega de entre as dez propostas: Revenidas; SonRías Baixas; Bigsound Pontevedra e 17º Ribeira Sacra. A todos eles hai que engadir a inclusión como finalista en Mellor Actuación de Música Electrónica do ano a Baiuca, pola actuación no festival SonRaíz.