O Arquivo da catedral de Santiago abre acceso ao fondo fotográfico de José Limia

Comprende unha colección de 193 fotografías de entre 1894 e 1910

Comprende unha colección de 193 fotografías de entre 1894 e 1910
Vista da vila de Noia desde a parroquia do Obre (anterior a 1898). Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago
José Limia Rodríguez era sacerdote e afeccionado á fotografía. Pola súa conta en moitos casos e pode que por encarga do cóengo Antonio López Ferreiro noutros, Limia fotografiou paisaxes e localidades próximas á sede compostelá, pero tamén numerosas igrexas, esculturas, pinturas e tapices e outros obxectos relixiosos. Agora o Arquivo da Catedral de Santiago puxo en liña esta colección. As fotos foron restauradas, dixitalizadas e catalogadas polo fotohistoriador Carlos Castelao cunha axuda do Ministerio de Cultura. Nas fotos inclúense interesantes perspectivas da vila de Noia, Pontecesures, Muros, Caldas de Reis ou da contorna de Portomouro. Aquí presentamos unha pequena escolma. As fotos están datadas de xeito aproximado entre finais do século XIX e principios do XX. Recentemente chegaron ao arquivo catedralicio outros 61 negativos adicionais que están en proceso de catalogado e dixitalización.


Descubrimento da lápida ao Batallón Literario na Praza da Quintana. Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Vista de Portomouro (Val do Dubra). Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Vista de Pontecesures. Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Alumnos do colexio do mosteiro de san Francisco de Herbón rodeando a fonte de san Francisco. Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Mosteiro de Carboeiro (Silleda). Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Traslado de madeira polo Ulla, fronte ao mosteiro de Herbón. Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Vista de Muros. Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago


Conxunto de muíños. Fondo José Limia / Arquivo da Catedral de Santiago