O concello de Lugo abre na rede o seu arquivo dixital

Recolle documentación administrativa, histórica e fotográfica

29/11/2024 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
10 lecturas | Compartido 0 veces

Retrato de dúas nenas cun xugo / Colección fotográfica Delgado Guisasola / Arquivo municipal de Lugo

Quen visite o Arquivo Dixital de Lugo poderá acceder a un vasto conxunto dixital de documentación administrativa municipal desde o século XVI, na que se inclúen as actas do consistorio desde o século XVI. Para o público xeral, unha das achegas máis valiosas é a colección fotográfica Delgado Guisasola, que consta de máis de 3307 fotografías, a maior parte realizadas por Valentín Roldán Regal fundamentalmente entre os anos trinta e corenta do século XX, e que retratan a vida urbana, cun especial foco nas clases medias e altas. Pero tamén se poden atopar imaxes entre finais do século XIX e principios do XX que constitúen unha valiosa ollada ao pasado. A dixitalización do arquivo vén da man do equipo do obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, unhas 20 persoas, orientado á formación en dixitalización e publicación dixital.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Lugares