O concello de Vigo abre tres puntos para consultar o Arquivo Pacheco

A colección fotográfica continúa sen estar dispoñible en Internet

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dixital pero analóxico. O Concello de Vigo habilitou postos informáticos na Casa das Artes, na Casa Galega da Cultura e no Arquivo Municipal para poder acceder á base de datos de máis de 64.000 rexistros dos cales máis de 57.000 teñen imaxes dixitalizadas desta singular colección fotográfica. Porén, os cidadáns deberán desprazarse ata eses postos físicos para poder acceder á información, xa que a colección segue sen estar publicada en Internet. A xunta de goberno local tamén estableceu o regulamento para a reprodución destes documentos gráficos, que será gratuíta cando a finalidade da publicación non teña fins lucrativos. O solicitante deberá entregar varios exemplares da publicación ao Concello. Nos últimos meses, un grupo de fotógrafos promovera unha campaña de sinaturas solicitando a reapertura do Arquivo Pacheco e a recuperación da súa actividade.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pacheco, Concello de Vigo, Internet, Casa das Artes

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares