As fotografías do Arquivo Pacheco formarán parte dun museo virtual

Pacheco en rede

En seis meses a historia fotográfica de Vigo contará co seu espacio en Internet. É o museo virtual que a concellería de Cultura viguesa ten previsto crear para amosar a historia da cidade olívica a través da fotografía. Un proxecto que exhibirá a maior parte dos fondos do Arquivo Pacheco, o máis importande da cidade.


Proxecto



Un total de 110.000 fotografías que forman parte do bastísimo Arquivo Pacheco estarán en rede antes de xullo do 2001. Un proxecto da concellería de Cultura do departamento vigués que suporá un custo de 19 millóns (14 para a dixitalización dos fondos e 5 para o software) e que están considerado dentro do capítulo de inversións do presuposto para o vindeiro ano. O que significa que se debe adxudicar o contrato antes do 31 de decembro deste ano. Con esta iniciativa o concello pretende amosar a través das imaxes a historia de Vigo.













Ampliación



Malia que o aporte principal para este museo virtual sexa o Arquivo Pacheco, dende o concello estímase a posibilidade de ampliar os fondos unha vez acadado este primeiro proxecto. Nesta dirección apuntan as primeiras negociacións con arquivo do fotógrafo Ángel Llanos, outro cronista destacado dentro da cidade olívica, ademais de incluir tomas recentes elaboradas por autores vigueses novos.












Arquivo Pacheco



O Arquivo Pacheco é un referente ineludible dentro da historia documental da cidade olívica no último século. Dende que en 1915 Xaime Pacheco se fai co control absoluto da galería que fundara Felipe Prósperi Cortechi en 1870, polos seus visores pasaría unha época ampla da evolución viguesa. Dende a fotografía de estudio, ata as instantáneas da vida política.