O Arquivo Pacheco non contará cun museo virtual no que expor os seus fondos

Fotos fora da rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O concello de Vigo anunciou hai catro anos o inicio dun proxecto titánico: dixitalizar as 120.000 placas que ten o Arquivo Pacheco para a súa posterior elaboración dun museo virtual. Pois ben, tal e como publica hoxe o Faro de Vigo, o proxecto está adiado indefinidamente. Logo de prorrogar dous veces o contrato coa empresa encargada da dixitalización, a concellalía de cultura pretende impartir un novo rumbo. De momento un técnico municipal responsabilizarase do arquivo, que conta con 50.000 placas dixitalizadas, pendente de inventariado e identificación.

Máis información no Faro de Vigo e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pacheco, Faro de Vigo, Culturagalega, Concello de Vigo

Claves

Protagonistas
Lugares