O novo director do Arquivo Pacheco fixa en catro anos o proceso de dixitalización de todo o material

Novos carretes para Pacheco

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O proceso de catalogación e de dixitalización do arquivo Pacheco partirá de cero. Baixo esta premisa Lois Cea Nogueira, o acabado de nomear director do Arquivo Pacheco, anuncia os novos prazos e o proceso para organizar un arquivo que recolle a historia gráfica de Vigo entre 1900 e 1974. Nunha entrevista concedida ao Faro de Vigo, o director prevé que se precisarán catro anos para catalogar todo o arquivo e que o traballo feito até o momento a través dun servizo contratado polo Concello é posible que non se poida aproveitar.

Máis información no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pacheco, Faro de Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares